Celtic Park
| Celtic Park | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| cidade de Glasgow | |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Deporte
| |||||||||
|
Composto por
| |||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||
|
Ocupante
| |||||||||
|
Propietario/a
| |||||||||
|
Arquitecto/a
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
O Celtic Park é un estadio de fútbol da cidade escocesa de Glasgow. Foi inaugurado en 1892 e serve de localía ao Celtic FC. Tamén é coñecido coma Parkhead por estar chantado nesa avenida e como The Paradise ou simplemente Paradise grazas ós bos momentos que alí puideron pasar moitos seareiros. O estadio ten unha capacidade de 60.355 prazas todas elas de sentar sendo o estadio con meirande capacidade da Escocia e o segundo do Reino Unido en canto a clubs se refire.
Este é o segundo Celtic Park xa que no primeiro localizado noutro lugar da cidade escocesa o club estivo a disputar os seus partidos ata o 20 de Santiago de 1892, é dicir, durante preto de 4 anos xa que a institución foi fundada no 1888.
O que foi trocando ó longo destes máis de cen anos que o Celtic leva xogando no actual Celtic Park foi o número dedicado ás bancadas. De feito, o récord de asistencia ó campo rexistrouse no 1 de xaneiro de 1938 cunhas 92.000 persoas metidas no estadio nun Old Firm, é dicir, nun partido disputado contra o Rangers.
A última remodelación ata os nosos días data do 1995.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Celtic Park |
