Blood Filloas
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Blood Filloas | |
---|---|
Orixe | Ferrol, Galiza |
Período | 1992 - 1997 |
Xénero(s) | indie rock |
Membros | Fernando Cabalo Victor Álvarez Anxo García Saavedra Daniel Alonso |
Na rede | |
Facebook da banda | |
Blood Filloas foi un grupo de indie rock de Ferrol. Foi dos poucos grupos na escena penínsular en cultivar dito estilo. Aínda que cantaban a maioría dos seus tema en inglés, a raíz das súas aparicións en diversas escenas da vida cultural e artística galega, como o Xabarín Club, estiveron ligados ó denominado movemento bravú. Entre as súas influencias estaban grupos como The Clash, Redd Kross, Hüsker Dü, Nirvana, The Posies, Undertones, Fuzztones, The Sonics, Wreckless Eric, Buzzcocks, Blondie ou Parasites.
Historia
[editar | editar a fonte]Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
O xermolo do grupo ten lugar no salón de actos do colexo público A Xunqueira de San Valentín (Fene), onde actúan Los Hijos Espurios de Riveira Arnoso (antigo alcalde de Fene -BNG-). Os compoñentes eran Daniel Alonso (voz), Fernando Cabalo (guitarra), Carlos Reina (baixo) e Alberto Alonso (batería).
O 30 de maio de 1992 toca o primeiro embrión da banda nos Encontros de Primavera - Letras Galegas 92, no concello de Culleredo. Dani (voz e batería), Fernando (guitarra) e Óscar (baixo) fan versións de The Sonics, The Clash, Siniestro total, Nirvana e Andrés do Barro. A formación chamábase Deep Sound. Tocarían outra vez co antedito nome o 13 de xuño no Seixo (Ferrolterra)
O 19 de febreiro de 1993 tocan no concurso A Mocidade coa Lingua, cun premio de 7500 pesetas, xa como Blood Filloas. O cambio de nome debeuse á entrada dun novo compoñente, Toni á batería. Ante unhas 200 persoas interpretaron o seu repertorio habitual, máis algún tema novo, pero cunha característica peculiar, todo en galego; así, "The Sunshinne of your Love" convertíase en "Corta o pelo Landrú". Gañaron o premio e quedaron clasificados para Ferrol.
O 8 de maio tocan na Praza Vermella de Cedeira xunto a Slot, Amadeus e Os Maruxa. O 11 de xuño é a final do concurso promovido dende os Institutos de Bacharelato da comarca, A Mocidade coa Lingua, na Praza de Amboage de Ferrol. Tocaron os temas "Corta o pelo Landrú" e "You Know" (¡Mais o que ben quixo un día!) adaptando un poema de Rosalía de Castro. Gañaron o premio, 30.000 pesetas, e deixaron o instituto.
O 19 dese mesmo mes actúan no Casino de Fene como abreconcertos da Orquesta Los Capris, acompañados por Danny Abeledo ós teclados e Alberto Malpaso á harmónica. O 25 de xuño tocan no Pub Queliceros de Ferrol, e o 13 de agosto na praza do concello de Fene.
O 8 de outubro tocan na discopub Bristol de Ferrol, tendo como abreconcertos a El álamo. Tres temas marcan aquela actuación e seu estilo posterior como banda: "I need you" de The Kinks, "Psycho" de The Sonics, e "Corre corre" de Los Salvajes. Repiten nesa sala o 21 de novembro, desta volta con Escuadrón diabólico, Torniquete menstrual, Blind river e Tender Trap.
O 10 de decembro compoñen e gravan a sintonía do programa musical Gorevisión (TV Narón), que comeza a súa emisión o 30 dese mes. Nese programa emítese a primeira actuación de Victor Álvarez coa banda, sendo un punto de inflexión na busca dunha identidade musical para a mesma. Así, co cambio de ano, Víctor substitúe a Óscar no baixo, e Nicolás Lage fai o propio relevando a Toni na batería.
O día 10 de xaneiro editan a súaa primeira maqueta, Blood Filloas. Gravada no local de ensaio da Carricoa, en San Xoán de Filgueira (Ferrol). Incluía os temas "I´m calling you ", "Are you crazy", "Asian girl", "Harvey Captain Theme", She´s cool", "Targets!" e "Gorevision". Nesa época Txiki Calvo (presentador do programa musical Gorevisión) convértese en representante da banda.
Son incluídos coa primeira maqueta na lista do programa Disco Grande, de Radio 3.
O 13 de outubro emítese o último programa de Gorevisión. O 15 de decembro editan a súa segunda maqueta: Science Fiction. Gravada e mesturada por Marcos Sedes e a propia banda en Pop Corn (Ferrol), e con portada deseñada por Ángela Arias. Incluía os temas "Capitain Harvey", "Are you crazy?", "Asian girl", "She is cool", "Targets!" e "Kill someone you want".
O 28 de xaneiro de 1995 Anxo García "Pulpo" entra como batería, xa definitivo. O 20 de abril chegan á final do concurso do Bar "Nirvana" de Madrid, entre 400 grupos. O 29 de abril gravan o seu primeiro sinxelo, Blandi-Blood, nos Estudios Fussion (Vigo), para Toxic Records, selo propiedade de Billy King, membro de Killer Barbies.
O 12 de maio gravan dous temas en son pregravado para o programa da TVG Clipmanía: "She is cool" e "My Cake". O 17 de xuño, tamén nos Estudos Fussion de Vigo, gravan o tema "Superheroe" para o Xabarín Club. O 1 de xullo gañan o concurso do Bar Planta Baixa de Vigo. O premio era a gravación dun LP. En agosto fan a súa primeira xira, que os leva por Valencia, Alacant, Albacete e Murcia. O 24 de setembro foron abreconcertos da banda dos Ánxeles White Flag en Ferrol, e o día 28 á banda de Seattle The Posies en Vigo. O 11 de novembro comeza a emitirse o videoclip do tema "Superheroe", incluído no recompilatorio A cantar con Xabarín. O 9 de xaneiro de 1996 actúan no Ferrol con Los Limones no espectáculo itinerante do Xabarín Club. Nese mesmo mes o fanzine Subterfuge edítalles un sinxelo de vinilo, compartido co grupo Frogger. Tamén nese mes gravan unha versión do clásico "Mack the Knife" para a BSO da curtametraxe The End, debut en 35 mm e terceira colaboración co tamén ferrolán Carlos Alberto Alonso.
A súa canción "Asian Girl", na que colabora Silvia Superstar, aparece na BSO de Killer Barbies, película de Jess Franco. Editan o seu primeiro CD, Toys are us, con "Subterfuge Records", producido por Fernando Pardo (membro de Sex Museum e como parte do premio do concurso de Planta Baixa. Realizan a función de abreconcertos dos australianos DM3 na xira que os levou por Madrid, Ourense, Vigo, León, Valencia, Castelló, St. Ettiene (Francia), Lión (Francia), Bordeos (Francia) e Bilbao.
En 1997 seguen coa xira do Toys are us, tocando por Galiza e saíndo a Madrid, León e Alcalá de Henares. Realizan a xira "Xeración Xabarín" canda Os Rastreros e O Caimán do río Tea.
Deron o seu último concerto en 1998 en Limodre, Fene.
No 2023 reuníronse outra vez para actuar no 25 aniversario do Felicia Pop Festival.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Blandi Blood EP (1995).
- "Teenage Tales"
- "My cake"
- "Dreaming"
Blood Filloas vs Frogger (1995).
- "She is cool"
- "Target"
Toy are us (1996).
- "Stuck up"
- "Squeezed out Rose"
- "Succes"
- "Green kross"
- "Aliens from Mars"
- "Asian girl"
- "My cake"
- "Superheroe"
Concertos
[editar | editar a fonte]Data | Localidade | Lugar | Notas |
---|---|---|---|
1993 | |||
19 de Febreiro | Fene | Local Social Barallobre | |
08 de Maio | Cedeira | Praza Roxa | |
11 de Xuño | Ferrol | Praza de Amboage | |
16 de Xuño | Fene | Casino de Fene (Piscina) | |
?????? | Fene | Pub Den | |
25 de Xuño | Ferrol | Pub Queliceros | |
13 de Agosto | Fene | Praza do Concello | |
08 de Outubro | Ferrol | Bristol | |
21 de Novembro | Ferrol | Bristol | |
30 de Decembro | Ferrol | Gorevisión | |
1994 | |||
15 de Abril | Ferrol | Kristtal | |
?????? | Vigo | La Iguana | |
1995 | |||
20 de Abril | Madrid | Nirvana Bar | |
12 de Maio | Santiago de Compostela | Clipmania | |
17 de Xuño | Vigo | Planta Baixa | |
01 de Xullo | Vigo | Planta Baixa | |
26 de Xullo | Pontedeume | Via Pública | |
30 de Xullo | Ferrol | Plaza de Amboage | |
25 de Agosto | Alcoy | La Morera | |
26 de Agosto | Almansa | Piscina Municipal | |
24 de Setembro | Ferrol | Kristtal | |
28 de Setembro | Vigo | La Iguana Club | |
30 de Setembro | Valdoviño | Playa de Pantín | |
10 de Novembro | Fene | Pub Den | |
16 de Novembro | Valencia | Besame Mucho | |
17 de Novembro | Yecla | Betty Boo | |
18 de Novembro | Xàbia | Quatre Vents | |
19 de Novembro | Almansa | Codigo de barras | |
09 de Decembro | Vigo | Malasaña bar | |
21 de Decembro | Ferrol | Escuela Politecnica | |
28 de Decembro | Almansa | Codigo de barras | |
29 de Decembro | Albacete | Guitar Club | |
1996 | |||
09 de Xaneiro | Narón | Polideportivo Naron | |
13 de Xaneiro | Vigo | La Iguana Club | Presentación single |
24 de Febreiro | Narón | Tres D | |
08 de Marzo | Ferrol | Kristtal | + Frogger |
09 de Marzo | Vigo | Planta Baixa | + Frogger |
26 de Abril | A Coruña | Playa Club | + Los Enemigos |
17 de Maio | Ferrol | Histeria | + Tit Lickers |
31 de Maio | Ferrol | Instituto Montojo | |
12 de Xullo | Almansa | Codigo de barras | |
13 de Xullo | Yecla | Betty Boo | |
02 de Agosto | Oia | Campo de Futbol de Mougas | |
11 de Agosto | Arzua | Plaza del ayuntamiento | |
17 de Agosto | Valdoviño | Playa de Pantín | |
19 de Setembro | Madrid | El Sol | + DM3 |
20 de Setembro | Ourense | Salamandra | + DM3 |
21 de Setembro | Vigo | La Iguana Club | + DM3 |
22 de Setembro | León | Platón | + DM3 |
24 de Setembro | Burgos | Taquería Sonora | + DM3 |
26 de Setembro | Valencia | Roxy | + DM3 |
28 de Setembro | Yecla | Jumbo | + DM3 |
29 de Setembro | Castellón | Ricoamor | + DM3 |
30 de Setembro | Saint-Genest-Malifaux | Ravarine | + DM3 |
01 de Outubro | Lyon | Le Monde a L'envers | + DM3 |
03 de Outubro | Bordeos | New Jimmy | + DM3 |
05 de Outubro | Bilbao | Kafe Antzokia | + DM3 |
22 de Novembro | Ferrol | Kallejon | + Fee Sorry |
27 de Novembro | Cambados | Alen Rock | |
1997 | |||
27 de Febreiro | Ferrol | A Santa Compaña | |
06 de Marzo | Madrid | Trilobyte | |
07 de Marzo | Alcala de Henares | Bar Motorfinger | + Cowheads |
20 de Marzo | Santiago de Compostela | Sala Nasa | + Rastreros / O Caimán do Río Tea |
26 de Marzo | Bembibre, León | Colorete | + Os Papaqueixos |
19 de Abril | Ferrol | A Santa Compaña | |
24 de Abril | Pontevedra | Fiesta Universitaria | + Os Papaqueixos |
25 de Abril | Ponteareas | Ue! | |
26 de Abril | Baiona | Marrucho | |
30 de Abril | O Barco de Valdeorras | De Cine | |
06 de Xullo | Illa de Arousa | Festival | |
24 de Xullo | Monforte | La Movida | |
25 de Xullo | Viveiro | Blue Note | |
1998 | |||
20 de Febreiro | Fene | Local Social Limodre | |
2023 | |||
5 de Agosto | Fene | Parque da Hortiña | Felicia Pop Festival |