Carlos Alberto Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlos Alberto Alonso
Biografía
Nacemento(gl) Carlos Alberto Alonso Iglesias Editar o valor em Wikidata
19 de novembro de 1970 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , actor , guionista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1084817 Editar o valor em Wikidata

Carlos Alberto Alonso Iglesias, nado en Ferrol o 19 de novembro de 1970, é un cineasta galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entrou no mundo da comunicación a mediados da década de 1980 a través de esporádicas colaboracións de radio en Onda Obreira e Radio Fene. Entrementres, realizaba o fanzine 18Rodas e cantaba no grupo de rock Malpaso. En 1987 comezou a rodar os seus primeiros traballos en vídeo. En 1994, durante un ano, realizou para a televisión local de Narón o programa Gorevisión, por onde pasaron artistas como Siniestro Total, Deltonos, Santiago Segura, Toñito Blanco ou Ben Vaugh.

Despois de tres intentos entrou na Escola de Imaxe e Son da Coruña. Alí realizou diversas curtametraxes ata que participou nun concurso de guión da Xunta de Galicia para rodar en 35 mm. Adaptou un relato de Julio Cortázar co nome de Día de Suerte. Malia que non gañou, un compañeiro gañador cedeulle o premio. O proxecto rodouse baixo o título de The End (1996-2000). A curtametraxe exhibiuse no Festival de Cine Independente de Ourense, pero pasou catro anos esquecido ata que se exhibiu en salas comerciais xunto con curtas como Coruña imposible de Francisco Rañal ou Unha luz encendida de Alber Ponte. En 1996 realizou o videoclip do tema "Superheroe" que o grupo Blood Filloas compuxera para o programa Xabarín Club da TVG.

En 1998 muda a súa resindencia a Barcelona cunha bolsa da Deputación da Coruña. Alí estudou Dirección Cinematográfica e Guión no Centro de Estudios Cinematográficos de Cataluña. Dende Cataluña preparou, tamén en 35 mm, unha curtametraxe inspirada nun relato do escritor mozambiqueño Mia Couto, As Muxicas, que foi rodada en Monfero e Caaveiro, na provincia da Coruña, e coas que acadou un bo número de premios e nomeamentos en diversos festivais polo mundo adiante[Cómpre referencia]. Tamén dende Cataluña colaborou coa peza ¿Nunca Mais? na longametraxe colectiva Hai que botalos.

Regresou a Galiza no 2005. Entre xuño e decembro do 2006 traballou como axudante de realización na Casa de 1906, ocupándose ademais da dirección do derradeiro capítulo, Así se fixo A Casa de 1906. Ó ano seguinte seguiu no equipo da segunda edición do programa, A casa de 1907.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • As Aventuras do Capitán Hixiénico. Curtametraxe (1992)
  • Par de min. Curtametraxe, baixo o pseudónimo de Norman Lourido (1993)
  • Gorevisión TV. Programa de TV (1993-1994)
  • Perla. Curtametraxe documental (1995)
  • Ave Fénix. Curtametraxe (1996)
  • The End. Curtametraxe (1996)
  • "Superheroe". Videoclip do grupo Blood Filloas (1996)
  • As Muxicas. Curtametraxe (2002)
  • Nunca Mais?, dentro da longametraxe colectiva Hai que botalos (2005)
  • A casa de 1906. Axudante de Realización do programa de TV (2006)
  • Así se fixo A Casa de 1906. dirección do Making Off do programa de televisión (2006)
  • A casa de 1907. Axudante de Realización do programa de TV (2007)
  • "Una desconocida mas". Videoclip de Roger de Flor (2007)
  • Así se fixo Mínimo Común Multiplo. Making Off de Curtametraxe (2008)
  • "Os dous amigos". Videoclip de Roger de Flor (2008)
  • "Cuanto hay que aguantar". Videoclip de Roger de Flor (2008)
  • "Dias Monotonos". Videoclip de Roger de Flor (2008)
  • The End: The Director's Cut. Curtametraxe (1996-2009)
  • Roger de Flor: Naturalidade Silvestre. Longametraxe documental (2010)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]