Bion 7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bion 7 / Kosmos 1667
Tipo Biolóxico
Data de lanzamento 10 de xullo de 1985, 3:15 GMT[1][2][3]
Foguete portador Soyuz U[2][4]
Sitio de lanzamento Cosmódromo de Plesetsk[2][3][4]
Duración da misión 6,9 días[5]
Obxectivo da misión Experimentación biolóxica.[2][4][3]
Regreso 17 de xullo de 1985[1][5]
NSSDC ID 1985-059A
Masa 6000 kg[2][4][5]

Bion 7, tamén coñecido como Kosmos 1667, foi un satélite artificial non tripulado da Unión Soviética pertencente á serie de satélites Bion para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 10 de xullo de 1985 mediante un foguete Soyuz U desde o cosmódromo de Plesetsk.[5][4][1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Bion 7 foi o séptimo satélite da serie de satélites Bion. Foi lanzado nunha órbita inicial de 222 km de perixeo, 297 km de apoxeo e 82,3 graos de inclinación orbital, cun período de 89 minutos.[3][5]

Bion 7 levaba experimentos a bordo deseñados por científicos de nove países, entre eles dous macacos Rhesus para o estudo do sistema vestibular e o fluxo de sangue, así como o efecto das radiacións, dez ratas macho e dez tritóns, que foron usados para estuda-la velocidade de recuperación de feridas no espazo. Usouse un calorímetro para medi-lo intercambio de enerxía no paso da fase de ninfas a moscas de 1500 Drosophila melanogaster que tamén iban a bordo. Ademais, con Bion 7 voaron sementes de millo, azafrán e peixes Guppy nun acuario.[2]

A cápsula regresou o 17 de xuño de 1985, tras uns 7 días de voo.[5][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "COSMOS 1667" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=15891. Consultado o 3 de maio de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "Bion 7" (en inglés). 20 de abril de 2012. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1985-059A. Consultado o 3 de maio de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 (PDF) Note verbale dated 4 December 1985 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General. 12 de decembro de 1985. pp. 2. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=646. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "Bion" (en inglés). Gunter's Space Page. 2012. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/bion.htm. Consultado o 3 de maio de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 "Bion" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/craft/bion.htm. Consultado o 3 de maio de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Konstruirovanie avtomaticheskikh kosmicheskikh apparatov. Moscú: Mashnostroenie. 1996. ISBN. 
  • Voenno-Kosmicheskiy Sili. Moscú: Nauka. 1997. ISBN. 
  • "Bion' nuzhen lyudyam". Novosti Kosmonavtiki (6): 35. 1996. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]