Saltar ao contido

Bion 6

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bion 6 / Kosmos 1514
Asento para os macacos Rhesus de Bion 6
TipoBiolóxico
Data de lanzamento14 de decembro de 1983, 7:00 GMT[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz U[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Plesetsk[2][3][4]
Duración da misión5 días[5]
Obxectivo da misiónExperimentación biolóxica.[2][3][4]
Regreso19 de decembro de 1983[1][5]
NSSDC ID1983-121A
Masa6000 kg[2][4][5]

Bion 6, tamén coñecido como Kosmos 1514, foi un satélite artificial non tripulado da Unión Soviética pertencente á serie de satélites Bion para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 14 de decembro de 1983 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Plesetsk.[1][2][4][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Bion 6 foi o sexto satélite da serie de satélites Bion. Foi lanzado nunha órbita inicial de 226 km de perixeo, 288 km de apoxeo e 82,3 graos de inclinación orbital, cun período de 89,3 minutos.[3][5]

Bion 6 levaba a bordo dous macacos Rhesus con sensores implantados para monitoriza-lo fluxo de sangue da arteria corótide e 18 ratas preñadas para o estudo do efecto da radiación e a microgravedade no embarazo. As ratas deron a luz camadas normais.[2]

A cápsula regresou o 19 de decembro de 1983, tras 5 días de voo.[2][5]

  1. 1 2 3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 1514" (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2012.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (20 de abril de 2012). "Bion 6" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2012. Consultado o 3 de maio de 2012.
  3. 1 2 3 4 "Note verbale dated 12 March 1984 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (84-08900). 5 de abril de 1984: 2. Consultado o 15 de xaneiro de 2020.
  4. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. "Bion" (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2012.
  5. 1 2 3 4 5 6 Mark Wade (2011). "Bion" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2002. Consultado o 3 de maio de 2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Kozlov, D I (1996). Mashnostroenie, ed. Konstruirovanie avtomaticheskikh kosmicheskikh apparatov. Moscú. ISBN. 
  • Melnik, T G (1997). Nauka, ed. Voenno-Kosmicheskiy Sili. Moscú. ISBN. 
  • "Bion' nuzhen lyudyam". Novosti Kosmonavtiki (6): 35. 1996. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]