Cosmódromo de Plesetsk
Cosmódromo de Plesetsk | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Tipo | cosmódromo |
Data de fundación | 1957 |
Premios | Bandeira Vermella do Traballo, Order of Suvorov, Orde do Estandarte Vermello e jubilee badge for the 50th anniversary of the USSR |
En | Mirny |
País | Rusia e Unión Soviética |
62°55′00″N 40°31′00″L / 62.916667, 40.516667Coordenadas: 62°55′00″N 40°31′00″L / 62.916667, 40.516667 | |
[ editar datos en Wikidata ] |

O cosmódromo de Plesetsk é o cosmódromo situado máis ao norte de Rusia. Ten a súa orixe en tempos da Unión Soviética e desde el lánzanse misións principalmente militares e a órbitas polares.[1]
Historia[editar | editar a fonte]
Plesetsk comezou sendo a primeira base de mísiles balísticos intercontinentais da Historia, desde onde se podía alcanzar máis partes dos Estados Unidos continentais que desde a base de Baikonur (futuro cosmódromo de Baikonur). A principios dos anos 1960 había catro complexos de lanzamento na base para mísiles R-7, antecesores dos foguetes Soiuz. Máis tarde se instalaron catro lanzadores para mísiles R-16.[1]
En canto aos plans espaciais da Unión Soviética, os responsables consideraron necesario dispoñer dunha base desde onde poder lanzar misións espaciais a órbitas polares de posible uso militar ás que non se podía chegar desde Baikonur. Plesetsk foi seleccionada en decembro de 1962 como o centro espacial que cumpriría esa función.[1]
En Plesetsk aplicouse a experiencia obtida en Baikonur en canto ao persoal da base, xa que neste último cosmódromo os técnicos vivían a unha distancia de 30 km dos seus postos de traballo. En Plesetsk edificáronse vivendas a entre 1 e 2 km dos postos de traballo, xurdindo un poboado que acabou chamándose Mirniy situado a 36 km dos complexos de lanzamento. O lado leste do cosmódromo está delimitado polo río Yemtsa e está composto por catro complexos de lanzamento para foguetes Soiuz e Molniya. O lado oeste está composto por tres complexos, un para foguetes Kosmos 3 e dous para mísiles R-14 Chusovaya, e ata 1974 existía un cuarto complexo para foguetes Kosmos 2M.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Mark Wade (2011). "Plesetsk" (en inglés). Consultado o 16 de maio de 2016.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cosmódromo de Plesetsk |