Saltar ao contido

Bion 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bion 4 / Kosmos 936
TipoBiolóxico
Data de lanzamento3 de agosto de 1977, 14:01 GMT[1][2][3]
Foguete portadorSoyuz U[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Plesetsk[2][3][4]
Duración da misión18,6 días[5]
Obxectivo da misiónExperimentación biolóxica.[2][3][4]
Regreso22 de agosto de 1977[1][5]
NSSDC ID1977-074A
Masa6000 kg[2][4][5]

Bion 4, tamén coñecido como Kosmos 936, foi un satélite artificial da Unión Soviética pertencente á serie de satélites Bion para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 3 de agosto de 1977 mediante un foguete Soyuz U desde o cosmódromo de Plesetsk.[1][2][4][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Bion 4 foi o cuarto satélite da serie de satélites Bion. Foi lanzado nunha órbita inicial de 224 km de perixeo, 419 km de apoxeo e 62,8 graos de inclinación orbital.[3][5]

Bion 4 levaba a bordo experimentos preparados por científicos de nove países, incluíndo os Estados Unidos, e principalmente tratábase de extensión de experimentos que voaron en Bion 3.[2]

A cápsula regresou o 2 de agosto de 1977, tras 18,6 días de voo.[5]

  1. 1 2 3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 936" (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2012.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 NASA (20 de abril de 2012). "Bion 4" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2012. Consultado o 2 de maio de 2012.
  3. 1 2 3 4 "Note verbale dated 17 October 1977 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (77-20155). 21 de outubro de 1977: 2. Consultado o 15 de xaneiro de 2020.
  4. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. "Bion" (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2012.
  5. 1 2 3 4 5 6 Mark Wade (2011). "Bion" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2002. Consultado o 2 de maio de 2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Kozlov, D I (1996). Mashnostroenie, ed. Konstruirovanie avtomaticheskikh kosmicheskikh apparatov. Moscú. ISBN. 
  • Melnik, T G (1997). Nauka, ed. Voenno-Kosmicheskiy Sili. Moscú. ISBN. 
  • "Bion' nuzhen lyudyam". Novosti Kosmonavtiki (6): 35. 1996. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]