Bion 8

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bion 8 / Kosmos 1887
TipoBiolóxico
Data de lanzamento29 de setembro de 1987, 12:50 GMT[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz U[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Plesetsk[2][3][4]
Duración da misión13 días[5]
Obxectivo da misiónExperimentación biolóxica.[2][3][4]
Regreso12 de outubro de 1987[1][5]
NSSDC ID1987-083A
Masa6000 kg[2][4][5]

Bion 8, tamén coñecido como Kosmos 1887, foi un satélite artificial non tripulado da Unión Soviética pertencente á serie de satélites Bion para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 29 de setembro de 1987 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Plesetsk.[1][2][4][5]

Características[editar | editar a fonte]

Bion 8 foi o oitavo satélite da serie de satélites Bion. Foi lanzado nunha órbita inicial de 224 km de perixeo, 406 km de apoxeo e 62,8 graos de inclinación orbital, cun período de 90,5 minutos.[3][5]

Bion 8 levaba experimentos a bordo para continuar os experimentos de anteriores misións Bion. Participaron científicos de Hungría, a República Democrática de Alemaña, Polonia, Romanía, Checoslovaquia, os Estados Unidos, Francia e da ESA.[2]

A cápsula regresou o 12 de outubro de 1987, tras uns 13 días de voo.[2][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 1887" (en inglés). Consultado o 4 de maio de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (20 de abril de 2012). "Bion 8" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2012. Consultado o 4 de maio de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Note verbale dated 16 December 1987 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (88-00104). 30 de decembro de 1987: 3. Consultado o 15 de xaneiro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. "Bion" (en inglés). Consultado o 4 de maio de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2011). "Bion" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2002. Consultado o 4 de maio de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Kozlov, D I (1996). Mashnostroenie, ed. Konstruirovanie avtomaticheskikh kosmicheskikh apparatov. Moscú. ISBN. 
  • Melnik, T G (1997). Nauka, ed. Voenno-Kosmicheskiy Sili. Moscú. ISBN. 
  • "Bion' nuzhen lyudyam". Novosti Kosmonavtiki (6): 35. 1996. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]