Bion 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bion 3 / Kosmos 782
TipoBiolóxico
Data de lanzamento25 de novembro de 1975, 17:00 GMT[1][2][3]
Foguete portadorSoyuz U[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Plesetsk[2][3][4]
Duración da misión19,5 días[5]
Obxectivo da misiónExperimentación biolóxica.[2][3][4]
Regreso15 de decembro de 1975[1][5]
NSSDC ID1975-110A
Masa6000 kg[2][4][5]

Bion 3, tamén coñecido como Kosmos 782, foi un satélite artificial da Unión Soviética pertencente á serie de satélites Bion para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 25 de novembro de 1975 mediante un foguete Soyuz U desde o cosmódromo de Plesetsk.[1][2][4][5]

Características[editar | editar a fonte]

Bion 3 foi o terceiro satélite da serie de satélites Bion. Foi lanzado nunha órbita inicial de 227 km de perixeo, 405 km de apoxeo e 62,8 graos de inclinación orbital.[3][5]

Bion 3 foi a primeira colaboración entre a Unión Soviética e os Estados Unidos no campo da investigación biomédica do voo espacial. A súa carga consistiu en 14 experimentos preparados por científicos de sete países, incluíndo unha centrifugadora para comparar os resultados dos experimentos cos animais (incluídos ratas e tartarugas) sometidos á forza de gravedade artificial da centrifugadora cos dos animais que permaneceron en microgravedade. Tamén se estudaron os efectos do envellecemento nas moscas da fruta e nos tecidos de plantas con crecementos tumorais.[2]

A cápsula regresou o 15 de decembro de 1975, tras 19,5 días de voo.[2][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 782" (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (20 de abril de 2012). "Bion 3" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2012. Consultado o 2 de maio de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Letter dated 15 January 1976 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF) (76-01441). 20 de xaneiro de 1976: 2. Consultado o 2 de maio de 2012. [Ligazón morta]
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. "Bion" (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2011). "Bion" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2002. Consultado o 2 de maio de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Kozlov, D I (1996). Mashnostroenie, ed. Konstruirovanie avtomaticheskikh kosmicheskikh apparatov. Moscú. ISBN. 
  • Melnik, T G (1997). Nauka, ed. Voenno-Kosmicheskiy Sili. Moscú. ISBN. 
  • "Bion' nuzhen lyudyam". Novosti Kosmonavtiki (6): 35. 1996. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]