Bion 9

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bion 9 / Kosmos 2044
TipoBiolóxico
Data de lanzamento15 de setembro de 1989, 6:30 GMT[1][2][3]
Foguete portadorSoyuz U[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Plesetsk[2][3][4]
Duración da misión14 días[5]
Obxectivo da misiónExperimentación biolóxica.[2][3][4]
Regreso29 de setembro de 1989[1][5]
NSSDC ID1989-075A
Masa6000 kg[2][4][5]

Bion 9, tamén coñecido como Kosmos 2044, foi un satélite artificial non tripulado da Unión Soviética pertencente á serie de satélites Bion para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 15 de setembro de 1989 mediante un foguete Soyuz U desde o cosmódromo de Plesetsk.[1][2][4][5]

Características[editar | editar a fonte]

Bion 9 foi o noveno satélite da serie de satélites Bion. Foi lanzado nunha órbita inicial de 216 km de perixeo, 294 km de apoxeo e 82,3 graos de inclinación orbital, cun período de 89,3 minutos.[3][5]

Bion 9 levaba 80 experimentos a bordo provenientes de nove países e da ESA, relacionados co mareo, a reprodución e a rexeneración, a inmunoloxía e a readaptación á gravidade normal. A bordo iban roedores, tritóns, peixes, moscas da froita, formigas, vermes, células e sementes, así como dous macacos.[2]

A cápsula regresou o 29 de setembro de 1989, tras 14 días de voo, con algúns espécimes mortos debido a un fallo no control térmico ca cápsula.[2][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 2044" (en inglés). Consultado o 4 de maio de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (20 de abril de 2012). "Bion 9" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2012. Consultado o 4 de maio de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Note verbale dated 14 December 1989 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (89-33462). 19 de decembro de 1988: 2. Consultado o 4 de maio de 2012. [Ligazón morta]
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. "Bion" (en inglés). Consultado o 4 de maio de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2011). "Bion" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2002. Consultado o 4 de maio de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Kozlov, D I (1996). Mashnostroenie, ed. Konstruirovanie avtomaticheskikh kosmicheskikh apparatov. Moscú. ISBN. 
  • Melnik, T G (1997). Nauka, ed. Voenno-Kosmicheskiy Sili. Moscú. ISBN. 
  • "Bion' nuzhen lyudyam". Novosti Kosmonavtiki (6): 35. 1996. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]