Saltar ao contido

Bion 5

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bion 5 / Kosmos 1129
TipoBiolóxico
Data de lanzamento25 de setembro de 1979, 15:30 GMT[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz U[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Plesetsk[2][3][4]
Duración da misión18,5 días[5]
Obxectivo da misiónExperimentación biolóxica.[2][3][4]
Regreso14 de outubro de 1979[1][5]
NSSDC ID1979-083A
Masa6000 kg[2][4][5]

Bion 5, tamén coñecido como Kosmos 1129, foi un satélite artificial non tripulado da Unión Soviética pertencente á serie de satélites Bion para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 25 de setembro de 1979 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Plesetsk.[1][2][4][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Bion 5 foi o quinto satélite da serie de satélites Bion. Foi lanzado nunha órbita inicial de 226 km de perixeo, 406 km de apoxeo e 62,8 graos de inclinación orbital, cun período de 90,5 minutos.[3][5]

Bion 5 levaba a bordo experimentos preparados por científicos de nove países. Entre os experimentos incluíase o primeiro intento de reprodución de mamíferos no espazo, que non tivo éxito.[2]

A cápsula regresou o 14 de outubro de 1979, tras 18,5 días de voo.[2][5]

  1. 1 2 3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 1129" (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2012.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (20 de abril de 2012). "Bion 5" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2012. Consultado o 2 de maio de 2012.
  3. 1 2 3 4 "Note verbale dated 23 January 1980 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (80-03069). 5 de febrero de 1980: 5. Consultado o 15 de xaneiro de 2020.
  4. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. "Bion" (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2012.
  5. 1 2 3 4 5 6 Mark Wade (2011). "Bion" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2002. Consultado o 2 de maio de 2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Kozlov, D I (1996). Mashnostroenie, ed. Konstruirovanie avtomaticheskikh kosmicheskikh apparatov. Moscú. ISBN. 
  • Melnik, T G (1997). Nauka, ed. Voenno-Kosmicheskiy Sili. Moscú. ISBN. 
  • "Bion' nuzhen lyudyam". Novosti Kosmonavtiki (6): 35. 1996. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]