Bill Whelan
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 22 de maio de 1950 Limerick, Irlanda |
| Educación | University College Dublin Crescent College (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | pianista, compositor |
| Período de actividade | 1970 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Música tradicional irlandesa |
| Instrumento | Piano |
| Obra | |
Obras destacables
| |
Bill Whelan, nado o 22 de maio de 1950 en Limerick, é un compositor irlandés. É coñecido polo espectáculo de danza Riverdance, gañador dun Grammy.[1]
Antes do Festival da Canción de Eurovisión de 1994 en Dublín, pediuse a Whelan que compuxese o número de intermedio na competición. O resultado, Riverdance, unha actuación de sete minutos de danza tradicional irlandesa, foi un grande éxito. Ao ano seguinte, estreouse a primeira longametraxe musical en Dublín.
Relación con Galiza
[editar | editar a fonte]Participou coa Orquestra Sinfónica de Galicia en «Corazón celta: de Irlanda a Galicia», un concerto dirixido por Proinnsías O´Duinn, director da orquestra da Raidió Teilifís Éireann (Radio Televisión de Irlanda). Nel tocou «Inishlacken», «Riverdance» e «The Seville Suite (De Kinsale a La Coruna)»,[2][3] composición que fixo para a EXPO 92 sobre a derrota del Hugh O´Donnell O Roxo polos exércitos ingleses en 1601 e a súa chegada ao Reino de Galiza (á Coruña e Compostela) para obter apoios (Véxase a Fuga dos Condes). Anteriormente, xa tiña colaborado co grupo Milladoiro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Riverdance Wins Grammy in Upset". playbill.com (en inglés).
- ↑ "The Road To La Coruna". Consultado o 2023-03-12.
- ↑ "El compositor Bill Whelan exporta a Galicia su fusión con la cultura irlandesa". abc (en castelán). 2005-01-04. Consultado o 2023-03-12.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bill Whelan |
| A Galipedia ten un portal sobre: Música |
| A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "The Coast Of Galicia" - por Bill Whelan
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |

