Familia real británica
(Redirección desde «Familia Real Británica»)

Membros da Familia real británica en 1880.
A Familia real británica (Casa de Windsor) son os parentes directos do monarca do Reino Unido e son coñecidos pola apelación a Familia Real. Aínda que non hai unha definición legal estrita ou formal de quen é ou non membro da Familia Real, incluíndo as diferentes listas a diferentes persoas, aqueles que levan o tratamento de A súa Maxestade ou de A súa Alteza Real son xeralmente considerados membros.
En termos xerais considéranse membros da Familia Real:
- o monarca (o Rei ou a Raíña);
- o consorte do monarca (o seu esposo/a);
- os consortes viúvos dos anteriores monarcas (Raíña nai);
- os fillos do monarca e os seus consortes, e consortes viúvos dos fillos do soberano;
- os netos do monarca e os seus consortes; e
- antes de 1917, os bisnetos.
Lista de membros[editar | editar a fonte]
Esta é unha lista actual dos membros da Familia Real:
- A Raíña Isabel II.
- O Príncipe Filipe, duque de Edimburgo (consorte da Raíña).
- O príncipe Carlos de Gales e Camila de Cornualla (fillo máis vello da Raíña e a súa dona).
- O príncipe Guillerme, duque de Cambridge e Catarina, duquesa de Cambridge (fillo máis vello do príncipe de Gales e a súa dona).
- O príncipe Xurxo de Cambridge (fillo de Guillerme e Catarina).
- A princesa Carlota de Cambridge (filla de Guillerme e Catarina).
- O príncipe Lois de Cambridge (fillo de Guillerme e Catarina).
- O príncipe Henrique de Sussex e Meghan de Sussex (fillo máis novo do príncipe de Gales e a súa dona).
- Archie Mountbatten-Windsor (fillo de Henrique e Meghan).
- O príncipe Guillerme, duque de Cambridge e Catarina, duquesa de Cambridge (fillo máis vello do príncipe de Gales e a súa dona).
- Ana, Princesa Real e Timothy Laurence (filla da raíña e o seu home).
- Peter Phillips (fillo da princesa real)
- Zara Phillips (filla da princesa real)
- O príncipe André, duque de York (segundo fillo da raíña).
- A princesa Beatriz de York (filla máis vella do duque de York).
- A princesa Uxía de York (filla máis nova do duque de York).
- O príncipe Eduardo, conde de Wessex e Sophie Rhys-Jones (terceiro fillo da raíña e a súa esposa).
- Xaime Mountbatten-Windsor (fillo do conde de Wessex).
- Luísa Mountbatten-Windsor (filla do conde de Wessex).
- Ricardo, duque de Gloucester e a Birgitte, duquesa de Gloucester (primo da raíña e a súa esposa).
- O príncipe Carlos de Gales e Camila de Cornualla (fillo máis vello da Raíña e a súa dona).
- Eduardo, duque de Kent e a Katharine, duquesa de Kent (primo da raíña e a súa esposa).
- O príncipe Miguel de Kent e a princesa María Cristina (primo da raíña e a súa esposa).
- A princesa Alexandra, a Honorable lady Ogilvy (curmá da raíña).