Bertha Benz Memorial Route

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estado federal:Baden-Württemberg
Rexión:NordBaden
Dirección:Norte-sur, sur-norte
ComezoMannheim
Punto máis afastadoPforzheim
FinMannheim
Altitude89 m ata 359 msnm

A Bertha Benz Memorial Route é un itinerario cultural e turístico de Alemaña. Segue a ruta que Bertha Benz seguiu en 1888 na primeira viaxe de longa distancia en automóbil da historia.

Historia[editar | editar a fonte]

Cäcilie Bertha Benz.

En 1886 Karl Benz inventou o automóbil (número de patente 37435 do 29 de xaneiro de 1886). Con todo, inicialmente non foi un éxito económico.

A inicios de agosto de 1888, a súa esposa Bertha Benz, xunto cos seus fillos Eugen e Richard, de 15 e 13 anos, demostraron que o automóbil era idóneo para o uso diario. Bertha conduciu en segredo o Benz Patent-Motorwagen nº 3 dende Mannheim até Pforzheim, a súa cidade natal. A viaxe supuxo un importante avance na historia do automóbil.

En Wiesloch tivo que comprar na farmacia local uns litros de ligroína, o carburante co que funcionaba o vehículo. Este estabelecemento converteuse así na primeira estación de servizo da historia. En 1988, centenario da viaxe, inaugurouse unha placa conmemorativa e, en 1991, un monumento en lembranza da fazaña.[1]

Durante o traxecto houbo que realizar algunhas reparacións, dúas das cales Bertha Benz fixo ela mesma na estrada. Liberou a obstrución do carburador cun alfinete do seu sombreiro e empregou unha liga como illante.

Actualidade[editar | editar a fonte]

O Benz Patent-Motorwagen Nº 3 de 1888

En 2007 unha iniciativa privada benéfica fundou dúas asociacións, a Bertha Benz Memorial Route e a Bertha Benz Memorial Club. Esta última está recoñecida como organización sen ánimo de lucro no ámbito da educación, así como da preservación dos monumentos e o patrimonio local.

O 25 de febreiro de 2008 o goberno de Karlsruhe declarou a Bertha Benz Memorial Route como itinerario turístico. Constitúe un monumento dinámico de 194 km no Estado de Baden, e forma parte da historia da industria alemá. O itinerario está incluído na ERIH (Ruta Europea do Patrimonio Industrial).[2]

Percorrido[editar | editar a fonte]

Sinal na estrada federal B10 no acceso a Wilferdingen. Desde aquí a Bertha Benz Memorial Route desvíase do itinerario histórico
Percorrido da Bertha Benz Memorial Route

Traxecto de ida[editar | editar a fonte]

A viaxe de ida percorre uns 104 km en dirección sur, de Mannheim a Pforzheim:

Mannheim - Feudenheim - Ilvesheim - Ladenburg - Schriesheim - Dossenheim - Heidelberg - Rohrbach - Leimen - Nußloch - Wiesloch - Mingolsheim - Langenbrücken - Stettfeld - Ubstadt - Bruchsal - Untergrombach - Grötzingen - Berghausen - Söllingen - Kleinsteinbach - Wilferdingen - Königsbach - Stein - Eisingen - Pforzheim

A ruta está sinalizada e correspóndese co itinerario orixinal cunha única excepción. Desde Wilferdingen até Pforzheimviaxou pola actual estrada federal B10.[3] Ese tramo está sinalizado desde novembro de 2012 como "Bertha Benz Memorial Route (hist.)".

Traxecto de volta[editar | editar a fonte]

A viaxe de regreso segue unha ruta diferente en dirección norte ao longo de 90 km desde Pforzheim a Mannheim:

Pforzheim - Bauschlott - Bretten - Gondelsheim - Helmsheim - Heidelsheim - Bruchsal - Forst - Hambrücken - Wiesental - Kirrlach - Reilingen - Hockenheim - Talhaus - Ketsch - Schwetzingen - Friedrichsfeld - Seckenheim - Mannheim

Paisaxes[editar | editar a fonte]

A ruta comunica lugares case esquecidos da viaxe orixinal, e atravesa a rexión vinícola de Baden.

Tamén segue o percorrido de varias vías romanas na zona da chaira do Alto Rin, como a Bergstraße. O seu itinerario pasa pola Foresta de Oden e a rexión de Kraichgau, e desvíase cara a Pforzheim, no norte da Selva Negra, xusto antes de Karlsruhe.

No traxecto de volta pasa de novo por Kraichgau e a chaira do Alto Rin, esta vez por Rheinauen, cara a Mannheim.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Stadtapotheke Wiesloch - seit 1735" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xullo de 2011. 
  2. "Deutschlands neueste Ferienstraße ehrt eine Legende" (PDF). Bertha Benz Memorial Route (en alemán). 14 de maio de 2009. 
  3. Vögele, Rudolf (1997). Ersingen unsere Heimat: Ein Teil seiner Geschichte (en alemán). Geiger-Verlag. ISBN 9783895702921. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Benz, Karl (2014) [1925]. Lebensfahrt eines deutschen Erfinders: Die Erfindung des Automobils. Erinnerungen eines Achtzigjährigen (en alemán) (3ª ed.). CreateSpace Independent Publishing Platform. ISBN 9781496107398. 
  • Elis, Angela (2010). Mein Traum ist länger als die Nacht. Wie Bertha Benz ihren Mann zu Weltruhm fuhr (en alemán). Hamburgo: Hoffmann und Campe. ISBN 9783455501469. 
  • Lessing, Hans-Erhard (2007). Mannheimer Pioniere (en alemán). Mannheim: Wellhöfer Verlag. ISBN 9783939540137. 
  • Lessing, Hans-Erhard (2008) [1913]. Die Benzwagen - Vom ersten Benzinautomobil zum Weltrekordwagen (en alemán). Wellhöfer Verlag. ISBN 9783939540199. 
  • Schnekker, Anna (2013). Bertha Benz Memorial Route – Geschichte und Kultur entlang der ersten automobilen Fernfahrt. Explorise Ferienstraßen (en alemán) (1ª ed.). Berlín: Grebennikov. ISBN 9783941784376. OCLC 876708141. 
  • Seidel, Winfried A. (2005). Carl Benz. Eine badische Geschichte. Die Vision vom Pferdelosen Wagen verändert die Welt (en alemán). Weinheim: Diesbach. ISBN 9783936468298. 
  • Vögele, Rudolf (1997). Ersingen, unsere Heimat – Ein Teil seiner Geschichte (en alemán). Horb am Neckar: Geiger-Verlag. ISBN 9783895702921. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]