Estado de Baden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Baden é unha rexión histórica xermana que, desde 1970, forma porte do estado federado de Baden-Württemberg, en Alemaña.

Historia[editar | editar a fonte]

Os señores de Baden beneficiáronse da disolución de Suabia e, tras acadar a categoría de Margraviato en 1112, convertéronse nunha das dinastías máis importantes do sur de Alemaña, xunto cos Habsburgo e os Württemberg). Baden estivo fragmentado entre 1190 e 1771.

Cando se disolveu o Sacro Imperio Romano Xermánico converteuse en Gran Ducado (1803-1806), permanecendo como país soberano ata 1871, ano en que se uniu ao Imperio Alemán.

Trala Segunda Guerra Mundial, o goberno militar francés creou o Estado de Baden con Friburgo como capital. A parte máis setentrional, parte da zona estadounidense, formou o Estado de Württemberg-Baden. En 1952 Baden uniuse con este estado e máis co de Wurtemberg-Hohenzollern para formar o land de Baden-Württemberg.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Baden limitaba ao norte co Reino de Baviera e co Gran Ducado de Hesse-Darmstadt, ao oeste co río Rin, ao sur con Suíza e ao este co reino de Württemberg, o principado de Hohenzollern-Sigmaringen e con Baviera. Tiña unha área 15.081 km².