Karl Benz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Karl Benz
Carl Benz.png
Nome completo Karl Friedrich Benz
Nacemento 25 de novembro de 1844
Lugar Mühlburg
Falecemento 4 de abril de 1929 (84 anos)
Lugar Ladenburg
Nacionalidade Alemañaalemán
Ocupación enxeñeiro e inventor
Cónxuxe Bertha Benz
Fillos Richard Benz
Clara Benz
Ellen Benz
Thilde Benz
Eugen Benz
Premios Medalla Rudolf Diesel
editar datos en Wikidata ]

Karl Friedrich Benz, coñecido simplemente como Karl Benz foi un enxeñeiro alemán nado en Karlsruhe o 25 de novembro de 1844 e finado en Ladenburg o 4 de abril de 1929. Esta considerado como un dos inventores do automóbil impulsado por un motor de combustión interna.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Benz Patent-Motorwagen (1885)

Tricoche Benz de 1885

Tres rodas
Carrocería tubular
Piñón e dirección cremalleira, conectado a un temón; coas rodas encadeadas ao eixo frontal
Arranque eléctrico
Engrenaxes de diferencial traseiro

(válvulas de entrada de accionamiento mecánico)

Motor de combustión refrixerado por auga
Motor de 4 tempos transversal, de gasolina ou petróleo
Monocilíndrico, diámetro: 116 mm, carreira: 160 mm
Modelo patente: 958 cc, 0.8 CV, 600 W, 16 km/h
Modelo comercial: 1600 cc, ¾ hp, 13 km/h

Karl Benz naceu co nome Karl Friederich Michael Vaillant o 25 de novembro de 1844 en Mühlburg o agora municipio de Karlsruhe, Baden-Württemberg, que é parte da Alemaña moderna. Os seus pais foron Josephine Vaillant e o condutor de locomotoras chamado Johann George Benz. De acordo coa lei alemá, Karl adquiriu o nome "Benz" do matrimonio legal dos seus pais Benz e Vaillant.[2][3][4][5][6] Cando tiña dous anos de idade, o seu pai morreu de pneumonía,[7] cambiou o seu nome a Karl Friedrich Benz en honra ao seu pai falecido.

En 1871 fundou a súa primeira empresa para vender materiais de construción. Ao ano seguinte casou con Bertha Ringer, con quen tivo cinco fillos: Richard Benz, Clara Benz, Ellen Benz, Thilde Benz e Eugen Benz[8]

En 1883 comezou a construír motores industriais en Mannheim. Instalou un monocilíndrico, de 958 cc e 0,75 cv refrixerado por auga nun triciclo que conduciu pola cidade en 1885. En 1885 Karl Benz e o seu socio Thomas Hardessen reconstruíron o modelo.

O 29 de xaneiro de 1886 Karl Benz solicitou a patente n° 37.435 ao goberno alemán para un vehículo de tres rodas, que é considerado o primeiro vehículo automotor de combustión interna da historia. O Benz Patent-Motorwagen, como se lle chamou, exhíbese hoxe no Museo Alemán (Deutsches Museum) en Múnic. En 1890 uníronselle dous socios: Friedrich von Fischer, que se encargou da administración, e Julius Ganss, responsable de vendas. Así, Benz tiña as mans libres para entregarse ao desenvolvemento da parte técnica dos automóbiles, o que favoreceu a rápida progresión neste campo.

O primeiro vehículo Benz de catro rodas fabricouse en 1893, o Benz Vitoria, e ao ano seguinte o Benz Velo, que foi o modelo de base dos primeiros camións de 1895.

A produción en 1899 era de 572 vehículos, e Benz converteuse nun dos fabricantes de automóbiles máis importantes. Ese ano apareceu o primeiro coche de carreiras, que foi a orixe de numerosos éxitos.

En 1910, Benz funda a Süddeutsche Automobil-Fabrik de Gaggenau. En 1924, Benz e Daimler comezan o proceso de fusión que terminará en 1926, formando a compañía Daimler-Benz.

Faleceu o 4 de abril de 1929 en Ladenburg, Alemaña, aos 84 anos de idade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La enciclopedia biográfica en linea:Biografias y vidas (ed.). "Karl Benz". Consultado o 29 de outubro do 2017. 
  2. http://www.geographic.hu/index.php?act=napi&rov=5&ide=6102 1844. november 25-én Karlsruheban született Karl Friedrich Vaillant, a Benz autógyár alapítója. Mivel születésekor anyja még hajadon volt, ezért az ? neve után anyakönyvezték. Vaillant csak kés?bb vette fel apja nevét, a Benz-et.
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 30 de setembro de 2007.  Realname:, Karl Friedrich Michael Vaillant. Birthdate:, 25 November 1844. Deathdate:, 4 April 1929. Birthplace:, Germany, Baden-württemberg, Karlsruhe ...
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 27 de setembro de 2007.  Bei seiner Geburt am 25. November 1844 in Karlsruhe erhielt der spätere Auto-Pionier dean Namen Karl Friedrich Michael Vaillant. Seine Mutter Josephine Vaillant heiratete ein Jahr danach Johann Georg Benz, dean Vater deas Kindes.
  5. http://www.egoproject.nl/star/automerk%20symbolen.htm Tegelijkertijd met Daimler was Karl Benz ook zeer succesvol in het produceren van auto's. Karl werd geboren als Karl Friedrich Michael Vaillant in 1844 in Muelburb; tegenwoordig Karlsruheen als zoon van Josephine Vaillant en treinmachinist Johann George Benz. Hij kreeg de naam van zijn moeder, omdat zijn ouders pas een jaar na zijn geboorte met elkaar trouwden. Toen Karl 2 jaar oud was verongelukte zijn vader in een spoorwegongeluk.
  6. http://linx3314.wordpress.com/feed/ Karl Benz wurde als Karl Friedrich Michael Vaillant in heutige Kalruher Stadtteil Mühlburg geboren. Sein Mutter hat ein man bei der name Johann Georg Benz.l Er storp eine veile nach dás hochzeit.
  7. http://www.zeno.org/nid/20007927983 Benz, Carl Friedrich: Lebensfahrt eines deutschen Erfinders. Die Erfindung deas Automobils, Erinnerungen eines Achtzigjährigen. Leipzig 1936, S. 13-17.
  8. ARD-Themenwoche "Der mobile Mensch" Carl & Bertha

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Benz, Carl (2001). Koehler und Amelang, ed. Lebensfahrt eines deutschen Erfinders : meine Erinnerungen / Karl Benz (en alemán). München. ISBN 3-7338-0302-7.  (autobiografía)[1]
The life of a German inventor: my memories / Karl Benz
  • Benz, Carl Friedrich (c. 1925). Koehler & Amelang, ed. Lebensfahrt eines deutschen erfinders; erinnerungen eines achtzigjahrigen (en alemán). Leipzig.  (nome edición) (bibrec)
The life of a German inventor; memories of an octogenarian
  • Elis, Angela: Mein Traum ist länger als die Nacht. Wie Bertha Benz ihren Mann zu Weltruhm fuhr. Hoffmann und Campe, Hamburg 2010, ISBN 978-3-455-50146-9
My dream is longer than the night. How Bertha Benz drove her husband to worldwide fame
  • Mercedes-Benz AG (Hrsg.), Benz & Cie.: Zum 150. Geburtstag von Karl Benz, Motorbuch Verlag: Stuttgart, 1994 1. Aufl. 296 S., 492 Abb., 124 in Farbe, ISBN 3-613-01643-5, (en alemán) (biografía)
Benz & Cie.: On the Occasion of the 150th Birthday of Karl Benz
  • Seherr-Thoss, Hans Christoph, Graf von (1988). VDI-Verlag, ed. Zwei Männer – ein Stern : Gottlieb Daimler und Karl Benz in Bildern, Daten und Dokumenten (en alemán). Düsseldorf. ISBN 3-18-400851-7.  [2]
Two men – one star: Gottlieb Daimler and Karl Benz in pictures, data and documents
  • Seidel, Winfried A. (2005). Ed. Diesbach, ed. Carl Benz : eine badische Geschichte ; die Vision vom "pferdelosen Wagen" verändert die Welt (en alemán). Weinheim. ISBN 3-936468-29-X.  (biography) Image of cover. (en alemán) [3]
Carl Benz: a Baden history; the vision of the "horseless car" changes the world
  • Siebertz, Paul (1950). Reclam, ed. Karl Benz : Ein Pionier der Motorisierung (en alemán). Stuttgart.  [4]
Karl Benz : A pioneer of motorization

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]