Sombreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sombreiro de palla.

Un sombreiro ou chapeu é unha peza de vestir que se utiliza especificamente para cubrir a cabeza, xa sexa do sol ou do frío.

Historia e orixes[editar | editar a fonte]

Os primeiros sombreiros teñen as súas orixes nos imperios antigos; no Antigo Exipto xa se utilizaban diversos tipos de tocados, pero un dos máis recoñecidos antecedentes deste accesorio foi o gorro frigio, un sombreiro de orixe frigio que foi utilizado polos gregos para simbolizar que todo aquel que o portase era un escravo ao que se lle outorgou a súa liberdade. En Grecia tamén xurdiron o píleo (Pilleus) e o pétaso (Petasus), sendo o petaso o primeiro sombreiro que tiña á.[1]

O sombreiro xorde como unha necesidade para protexerse do sol e da choiva, principalmente entre o campesinado. Os primeiros sombreiros eran fabricados principalmente de fieltro e de la.

En tempos de Carlos VI de Francia comezaron a usarse sombreiros no campo. No de Carlos VIII introduciuse o seu uso nas cidades pero tan só en tempo de choiva. No reinado de Luís XI xa se xeneralizaron máis e levaban en todo tempo estendéndose o seu uso ás nacións veciñas.

Máis adiante, o uso do chapeu foi xeneralizándose variando a forma segundo a época. A principios do século XX usábase comunmente en todo o mundo civilizado. O seu uso atópase en retroceso desde entón, transformando a súa utilidade dunha funcional a un accesorio de moda.

Partes[editar | editar a fonte]

Un sombreiro pode constar ou non dos seguintes elementos.[2]

  • Coroa ou copa: É a parte superior do sombreiro que se adapta á forma do cranio, limitando a súa circunferencia. Esta pode ter diferentes formas, regularmente redonda, cónica ou truncada.
  • Bordo ou á: Consta dunha superficie que percorre a circunferencia do sombreiro. Cumpre a función de protexer ao que o porta dos raios solares. O termo á tamén é aplicado á parte lateral dalgúns chapeus como o chullo e o ushanka, que ten a finalidade de protexer ou cubrir as orellas do frío.
  • Banda suave: É a parte interna do chapeu, habitualmente coñecida como badana[3]. Está feita de materiais suaves que entra en contacto directo co cranio e que ten a finalidade de axustar correctamente o sombriro á cabeza e deter a suor.
  • Banda, touca ou cinto: É a cinta ou adorno que se coloca ao redor da copa, entre a coroa e o bordo. Serve para darlle forma ao sombreiro, evitando que se ensanche ou como simple ornato.
  • Viseira ou á frontal: É a superficie frontal de certos tipos de sombreiros que serve para bloquear os raios solares. É un elemento común nas gorras.
  • Barboqueixo ou barbiqueixo - Cinta para suxeitar o sombreiro que se pasa por debaixo do queixo, especialmente para cascos e similares.

Tipos[editar | editar a fonte]

Imaxe Nome Descrición
Akubra-style hat.jpg Akubra É unha variante australiana do sombreiro dos vaqueiros, utilizado para protexerse dos raios solares. Usualmente é confeccionado en fieltro e cun á grande.
Detail from a painting of Napoleon.jpg Bicornio É un sombreiro antigo que consta dun bordo dobrado, utilizado polas forzas armadas dos Estados Unidos e Francia no século XVIII. É asociado con Napoleón Bonaparte.
Bill haywood headshot side.jpg Bombín, fungo Tipo de sombreiro clásico confecciónado en fieltro que se compón dun á estreita e unha coroa redonda. É popular desde finais do século XIX e os primeiros anos do século XX. É asociado con Charles Chaplin.
Tigerstripehat.JPG Boonie Sombreiro de tea de algodón que se compón dun bordo amplo que protexe ao portador dos raios solares. Variante moderna do chambergo, utilizada como parte do uniforme militar de campo dalgunhas forzas armadas de diferentes países.
1800s Boss of the plains 5.jpg Boss of the Plains Foi deseñado por John Batterson Stetson para resistir todo tipo de clima e fabricado no período do Salvaxe Oeste nos Estados Unidos.
Sombrero pescador o Bucket de Araras sombrereria.jpg Bucket ou sombreiro de pesca Fabricouse en tea de algodón e ten un bordo colgante que cae fronte ao rostro. É utilizado popularmente para protexerse do sol durante a pesca.
Kreissäge2.JPG Canotier É de palla, ten ás rectas e copa baixa e plana rodeada frecuentemente por unha cinta negra. Foi usado por cabaleiros nos anos 20. Na actualidade é preferido polas señoras.
PilgrimsHat.jpg Capotain Ten coroa alta en forma de cono truncado que usualmente contiña un cinto ao redor da base da coroa. Formaba parte da vestimenta do século XVI e XVII.
Caballero del chambergo Nicolas de Villacis.JPG Chambergo Sombreiro de fieltro ou tea utilizado entre os séculos XVII e XIX. Constaba dun bordo amplo deseñado para cubrir ao portador dos raios solares.
Huasos.jpg Chupalla Sombreiro tradicional de Chile comunmente utilizado por gandeiros e xinetes.
YellowHardHat.jpg Deerstalker É utilizado para a práctica da caza. É popularmente identificado como o sombreiro de Sherlock Holmes.
A fedora hat, made by Borsalino.jpg Fedora, flexible Sombreiro masculino de fieltro con coroa picada e cunha cinta ao redor da base da coroa. Formaba parte da vestimenta usual masculina durante a primeira metade do século XX.
Korea-gat-01.jpg Gat () É un sombreiro de bordo amplo utilizado tradicionalmente por homes en Corea.
Hardee Hat.jpg Hardee Hat Foi utilizado para identificar ás tropas do Exército da Unión na Guerra de Secesión.
Homburg de Araras Sombrereria.jpg Homburg Sombreiro masculino formal de principios do século XX confeccionado en fieltro, moi similar a un fedora. Caracterízase pola hendidura central na copa e ausencia das melladuras laterais do fedora.
Jaapi.jpg Jaapi Tradicional en Assam, India. Usualmente é fabricado en palla e adornado con listóns e abelorios.
Benedykt XVI (2010-10-17) 4.jpg Mitra Indumentaria utilizada por clérigos da Igrexa católica, a Igrexa ortodoxa e a Comuñón anglicana.
Enrique ponce.jpg Monteira Sombreiro tradicional tecido que formou parte da indumentaria tradicional da Península Ibérica. Asociado cos practicantes profesionais da tauromaquia.
Aodai-nonla-crop.jpg Nón lá ou 斗笠 Sombreiro de palla en forma cónica tradicional en Asia, principalmente na China, o Xapón, Vietnam, Corea e Indonesia. Mantense adherido á cabeza cunha banda de seda que se suxeita por baixo da mandíbula.
Sombrero Porkpie.jpg Porkpie É de palla ou fieltro de á estreita e levantada en todo o seu contorno e coroa plana. Débelle o seu nome ao tradicional pastel de carne británico.
Lemon squeezer hat scout Tonak.jpg De campaña Sombreiro de á ampla fabricado en fieltro que é utilizado para distinguir a algúns membros do exército dalgúns países.
Trilby impermeabilizado en Araras Sombrerería..jpg Trilby Similar ao fedora pero de á estreita (aproximadamente de 3 - 4 cm), Leonard Cohen usábao.
Vilmabanky.jpg Cloché Sombreiro feminino en forma de campá, parecido a un sombreiro de pesca que era frecuentemente utilizado polas flappers na Era do Jazz na década dos anos 20.
Austin Lane Crothers, photograph of head with top hat.jpg De copa alta Confeccionado en fieltro, seda ou pel, componse dunha coroa cilíndrica e un bordo semicurvo. Foi popular na moda masculina entre os séculos XVIII e XX.
Sombrero-cordobes.jpg Cordobés Sombreiro tradicional de Córdoba.
Sombreros.JPG De charro Sombreiro tradicional mexicano de bordo amplo. Asociado cos Mariachi.
Pamela GG fiesta con lazo de Araras.jpg Pamela Sombreiro feminino redondo caracterizado pola súa ampla á, realizado en tecidos vexetais ou en fieltro si trátase dunha pamela de inverno. En ocasións profusamente decoradas con lazos ou flores.
Sombrero Panamá Clasic Panamá É confeccionado a man por artesáns con palla touca, usando métodos tradicionais, tamén algúns o coñecen como jipijapa. Existen diferentes modelos como o clásico, plantación, aguacate, optimus, gambler, coco e Brasil.
jipijapa Sombreiro tradicional confeccionado nas localidades de Montecristi e Jipijapa da provincia de Manabí na República de Ecuador con follas trenzadas de palma, a confección tamén se estende á provincia de Azuay nas localidades de Sigsig, Gualaceo e Conca.
Panza de Burro.jpg Bandullo de burro Sombreiro tradicional arxentino utilizado polos gauchos.
StetsonHatFortHoodArmy.jpg Stetson, sombreiro vaqueiro, sombreiro texano, occidental ou norteño É de copa picada e bordo semicurvo. Utilizado nas zonas rurais do sur dos Estados Unidos e o norte de México desde finais do século XIX.
Sombrero de cogollo1.JPG De cogollo Típico de Venezuela.
Sombrero vueltiao.jpg Vueltiao Típico de Colombia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Historia dos sombreiros". Hats UK (en inglés). 
  2. "Partes de los sombreros". Sombreros.us (en español). Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2017. Consultado o 03 de xuño de 2020. 
  3. "Definición de badana". Worldreference (en español).