Biblioteca Compostela de Narrativa Europea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Biblioteca Compostela de Narrativa Europea é unha colección da Editorial Galaxia, en colaboración co Concello de Santiago de Compostela integrada por obras de ficción europeas traducidas ao galego, publicada entre os anos 2006 e 2012. Entre outros, comercializou títulos de autores como Orhan Pamuk, Martin Amis ou Andrea Camilleri.

O seu director literario foi Carlos Lema[1].

Características[editar | editar a fonte]

A colección naceu após un acordo entre a Concellaría de Cultura do Concello de Santiago de Compostela e a Editorial Galaxia co gallo de editar anualmente catro obras de narrativa europea actuais en lingua galega[2], alén do título recoñecido no Premio de Novela Europea do Casino de Santiago. Moitos dos títulos publicados, como A pensión Eva[3], A medición do mundo[4] ou O museo da inocencia[5], editáronse en galego cando aínda non saíra á rúa a correspondente versión en castelán. A tiraxe inicial de cada novela era de 2000 exemplares[6].

Entre os tradutores que colaboraron nesta colección cóntanse os nomes de Eva Almazán, Carlos Acevedo, Patricia Buján, Carmen Torres París, María Dolores Torres París, Bartug Aykan, Lara Domínguez Araújo, María Alonso Seisdedos, Laura Almazán e Manuel Xestoso.

Publicáronse obras traducidas dende o inglés, o italiano, o alemán, o francés, o turco e o neerlandés.

Obras[editar | editar a fonte]

  1. A casa dos encontros (The House of Meetings), de Martin Amis (2006), tradución do inglés de Eva Almazán. ISBN 978-84-8288-951-1.
  2. A pensión Eva (La Pensione Eva), de Andrea Camilleri (2006), tradución do italiano de Carlos Acevedo. ISBN 978-84-8288-824-8.
  3. A medición do mundo (Die Vermessung der Welt), de Daniel Kehlmann (2006), tradución do alemán de Patricia Buján. ISBN 978-84-8288-952-8.
  4. Non me deixes nunca (Never Let Me Go)[7], de Kazuo Ishiguro (2007), tradución do inglés de Eva Almazán. ISBN 978-84-7154-063-8.
  5. Fuxir (Fuir), de Jean-Philippe Toussaint (2007), tradución do francés de Carmen Torres París e María Dolores Torres París. ISBN 978-84-8288-967-2.
  6. A pista de area (La pista di sabbia), de Andrea Camilleri (2007), tradución do italiano de Carlos Acevedo. ISBN 978-84-9865-031-0.
  7. O retorno (Die Heimkehr), de Bernhard Schlink (2007), tradución do alemán de Patricia Buján. ISBN 978-84-9865-029-7.
  8. O castelo branco (Beyaz Kale), de Orhan Pamuk (2007), tradución do turco de Eva Almazán e Bartug Aykan. ISBN 978-84-9865-023-5.
  9. Xuntos e máis nada (Ensemble, c'est tout)[8], de Anna Gavalda (2007), tradución do francés de María Dolores Torres París. ISBN 978-84-9865-033-4.
  10. Da beleza (On Beauty)[9], de Zadie Smith (2008), tradución do inglés de Eva Almazán. ISBN 978-84-9865-061-7.
  11. Istambul. As lembranzas e a cidade (İstanbul. Hatıralar ve Şehir), de Orhan Pamuk (2008), tradución do turco de Lara Domínguez Araújo e Bartug Aykan. ISBN 978-84-9865-144-7.
  12. O caderno dourado (The Golden Notebook), de Doris Lessing (2009), tradución do inglés de Eva Almazán. ISBN 978-84-9865-154-6.
  13. A elegancia do ourizo (L'Élégance du hérisson), de Muriel Barbery (2008), tradución do francés de María Dolores Torres París. ISBN 978-84-9865-143-0.
  14. Sardinia Blues (Sardinia Blues), de Flavio Soriga (2008), tradución do italiano de Carlos Acevedo. ISBN 978-84-9865-140-9.
  15. O museo da inocencia (Masumiyet Müzesi), de Orhan Pamuk (2009), tradución do turco de María Alonso Seisdedos e Bartug Aykan. ISBN 978-84-9865-185-0.
  16. A fama. Novela en nove historias (Ruhm. Ein Roman in neun Geschichten), de Daniel Kehlmann (2009), tradución do alemán de Patricia Buján. ISBN 978-84-9865-219-2.
  17. Neve (Kar), de Orhan Pamuk (2009), tradución do turco de María Alonso Seisdedos e Bartug Aykan. ISBN 978-84-9865-233-8.
  18. Os once (Les Onze), de Pierre Michon (2009), tradución do francés de María Dolores Torres París. ISBN 978-84-9865-239-0.
  19. A rolda nocturna (The Night Watch)[10], de Sarah Waters (2009), tradución do inglés de Laura Almazán. ISBN 978-84-9865-250-5.
  20. Unha bonita escapada (L'échappée belle), de Anna Gavalda (2010), tradución do francés de María Dolores Torres París. ISBN 978-84-9865-279-6.
  21. Nocturnos (Nocturnes), de Kazuo Ishiguro (2010), tradución do inglés de María Alonso Seisdedos. ISBN 978-84-9865-282-6.
  22. Emaús (Emmaus), de Alessandro Baricco (2010), tradución do italiano de Carlos Acevedo. ISBN 978-84-9865-322-9.
  23. A viúva preñada (The Pregnant Widow), de Martin Amis (2010), tradución do inglés de Eva Almazán. ISBN 978-84-9865-324-3.
  24. Caos calmo (Caos calmo)[11], de Sandro Veronesi (2010), tradución do italiano de Carlos Acevedo. ISBN 978-84-9865-327-4.
  25. A verdade sobre Marie (La Vérité sur Marie), de Jean-Philippe Toussaint (2011), tradución do francés de Carmen Torres París e María Dolores Torres París. ISBN 978-84-9865-377-9.
  26. C (C), de Tom McCarthy (2011), tradución do inglés de Eva Almazán. ISBN 978-84-9865-383-0.
  27. O libro negro (Kara Kitap), de Orhan Pamuk (2011), tradución do turco de María Alonso Seisdedos e Bartug Aykan. ISBN 978-84-9865-386-1.
  28. A desaparición de Esme Lennox (The Vanishing Act of Esme Lennox)[12], de Maggie O'Farrell (2011), tradución do inglés de Manuel Xestoso. ISBN 978-84-9865-402-8.
  29. Eu, Jean Gabin (Io, Jean Gabin), de Goliarda Sapienza (2011), tradución do italiano de María Dolores Torres París. ISBN 978-84-9865-403-5.
  30. Chámome Vermello (Benim Adım Kırmızı), de Orhan Pamuk (2012), tradución do turco de María Alonso Seisdedos e Bartug Aykan. ISBN 978-84-9865-456-1.
  31. A cea (Het diner)[13], de Herman Koch (2012), tradución do neerlandés de María Alonso Seisdedos e Antón Vialle. ISBN 978-84-9865-463-9.
  32. Mr Gwyn (Mr Gwyn), de Alessandro Baricco (2012), tradución do italiano de Carlos Acevedo. ISBN 978-84-9865-468-4.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A Biblioteca Compostela de Narrativa Europea presenta as súas dúas últimas obras: "Fuxir" e "Non me deixes nunca"". santiagodecompostela.gal. 10-05-2007. Consultado o 14-02-2021. 
  2. "La narrativa europea actual se reunirá en la Biblioteca Compostela". elcorreogallego.es (en castelán). 17-10-2006. Consultado o 14-02-2021. 
  3. "Galaxia crea a sección Biblioteca Compostela coa que sacará á rúa catro títulos ao ano". lavozdegalicia.es. 17-10-2006. Consultado o 14-02-2021. 
  4. "Galaxia crea a sección Biblioteca Compostela coa que sacará á rúa catro títulos ao ano". lavozdegalicia.es. 17-10-2006. Consultado o 14-02-2021. 
  5. "A última novela do Nobel Pamuk, antes en galego que en castelán". vieiros.com. 08-07-2009. Consultado o 14-02-2021. 
  6. "Compostela asocia o seu nome a unha nova colección literaria". santiagodecompostela.gal. 17-10-2006. Consultado o 14-02-2021. 
  7. IV Premio de Novela Europea do Casino de Santiago (2006)
  8. III Premio de Novela Europea do Casino de Santiago (2005)
  9. V Premio de Novela Europea do Casino de Santiago (2007)
  10. VI Premio de Novela Europea do Casino de Santiago (2008)
  11. VII Premio de Novela Europea do Casino de Santiago (2009)
  12. VIII Premio de Novela Europea do Casino de Santiago (2010)
  13. IX Premio de Novela Europea do Casino de Santiago (2011)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]