Bernardo Bellotto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bernardo Bellotto
Nome completoBernardo Francesco Paolo Ernesto Bellotto
Nacemento30 de xaneiro de 1721, 30 de xaneiro de 1720 e 20 de maio de 1722
Lugar de nacementoVenecia
Falecemento17 de outubro de 1780 (59 anos)
Lugar de falecementoVarsovia
NacionalidadeRepública de Venecia
Ocupaciónpintor e gravador
FillosLorenzo Bellotto
IrmánsPietro Bellotti
Coñecido porDresden From the Right Bank of the Elbe Below the Augustus Bridge, View of Pirna, from Sonnenstein Castle, View of Grand Canal with the Palazzi Foscari and Moro Lin e The Grand Canal in Venice
Na rede
Musicbrainz: 0ed509a3-f7b4-431d-aea7-f33a37cedda3 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Turín, 1745
Vista de Gazzada, 1744

Bernardo Bellotto, nado en Venecia o 30 de xaneiro de 1721 e finado en Varsovia o 17 de outubro de 1780, foi un pintor e gravador veneciano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Capricho romano, 1742-1747

Bernardo Bellotto era sobriño, por parte da nai, de Canaletto, que contribuíu á súa formación e xa de rapaz amosou talento para a pintura de paisaxes urbanas. En 1738 quedou inscrito na corporación de pintores venecianos, e decontado viaxou polo Véneto, Roma (1742), Florencia e Turín, para volver a Venecia por breve tempo. En 1747 recibiu unha invitación do elector de Saxonia Augusto III para establecerse en Dresde, a súa fama espallouse en toda Europa, e en 1758 a emperatriz María Tareixa de Austria chamouno a Viena . Tres anos despois está en Múnic, despois volve a Dresde pero a morte do elector Augusto fixo que recibise menos encargos polo que aceptou en 1763 o convite de Catarina II para establecerse en San Petersburgo ata 1764 cando o novo elector de Saxonia e rei de Polonia, Estanislau para establcerse en Varsovia para o que realizou ademais de vistas, retratos e escenas históricas.

Vista de Dresde, 1752
Vista de Viena, 1758-1761

Obra[editar | editar a fonte]

O seu estilo é semellante ó de seu tío, e el mesmo asinou moitas obras como Bernardo Canaletto pero Bellotto amosa un realismo máis cru, cunha máis exacta observación da arquitectura e das vistas, un tratamento máis dinámico do ceo e da auga, e un maior predominio do claroescuro, e naturalmente unha cantidade máis variada de lugares retratados lugares que visitou deixou unha indeleble mostra nos seus lenzos, que se distinguen polo traballado dos detalles e unha luminosidade característica con vistas de gran radio. As súas vistas realizadas en Varsovia tomáronse como modelo para a reconstrución da cidade logo dos bombardeos da segunda guerra mundial[1].

Vista de Varsovia

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Marie Hagen, Rainer Hagen, What Great Paintings Say, 2003, páxina 315, ISBN 3-8228-1372-9 e Stanley S. Sokol The Artists of Poland: A Biographical Dictionary from the 14th Century to the Present, 2000, páxina 19, ISBN 0-7864-0697-6

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bernardo Bellotto: un pittore veneziano a Varsavia, catalogo della mostra di Parigi a cura di S. Loire, H. Malachovicz e A. Rottermund, Milán, 2004.
  • C. Beddington, Bernardo Bellotto and his circle in Italy : part I; not Canaletto but Bellotto, en "The Burlington magazine", 146, n. 1219, 2004.
  • F. Pedrocco, schede in Pinacoteca Giovanni e Marella Agnelli al Lingotto, Xenebra-Milán, 2002
  • Bernardo Bellotto, un ritorno a Verona: l'immagine della città nel Settecento, catalogo della mostra di Verona a cura di G. Marini, Venezia 2002.
  • Stefan Kozakiewicz, Bernardo Bellotto, genannt Canaletto, volume I: "Leben und Werk" 310 páxinas; volume II "Katalog", 532 páxinas, Verlag Aurel Bongers, Recklinghausen 1972.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]