Bandeira dos Estados Federados de Micronesia
Bandeira dos Estados Federados de Micronesia | |
---|---|
![]() | |
Características | |
Uso | |
Proporción | 10:19 |
Adopción | 10 de novembro de 1979 |
Cores | Azul Branco |
A bandeira dos Estados Federados de Micronesia foi adoptada o 10 de novembro de 1979. O campo azul representa o Océano Pacífico, mentres que as catro estrelas brancas representan os catro grupos de illas que compoñen a Federación: Chuuk, Pohnpei, Kosrae e Yap.
Un deseño similar con seis estrelas en vez de catro utilizouse a partir de 1965 para o Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico, cando tamén se representaba a Palau, as Illas Marshall e as Marianas do Norte, que decidiron non integrarse na Federación. (Kosrae era entón parte da illa Pohnpei, polo que ambas foron representadas por unha soa estrela.)
Bandeiras históricas[editar | editar a fonte]
-
Bandeira das Nacións Unidas, usada de 1947 a 1965.
-
Bandeira do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico, de 1965 a 1978.