Bandeira das Illas Pitcairn
Aparencia
| Bandeira das Illas Pitcairn | |
|---|---|
| Características | |
| Uso | |
| Proporción | 1:2 |
| Adopción | 2 de abril de 1984 |
| Cores | Azul Branco Vermello Amarelo Verde |
A bandeira das Illas Pitcairn é un dos símbolos das Illas Pitcairn e foi adoptada oficialmente o 2 de abril de 1984. O deseño foi suxerido polo Consello das Illas Pitcairn en decembro de 1980 e foi aprobado pola raíña Isabel II en abril de 1984. A bandeira ondeou nas Pitcairn por primeira vez en maio de 1984, durante unha visita do daquela gobernador Richard Stratton (1980—84).
A bandeira das Illas Pitcairn é unha bandeira azul coa bandeira da Unión no cantón e o escudo de armas de Pitcairn.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bandeira das Illas Pitcairn |