Bandeira de Papúa Nova Guinea
Bandeira de Papúa Nova Guinea | |
---|---|
![]() | |
Características | |
Uso | |
Proporción | 3:4 |
Adopción | 1 de xullo de 1971 |
Cores | Negro Branco Vermello Amarelo |
A bandeira de Papúa Nova Guinea foi adoptada o 1 de xullo de 1971. Está dividida pola súa diagonal descendente (respecto ao lado máis próximo ao mastro). A metade superior da bandeira é de cor vermella e no seu interior figura a silueta dunha ave do paraíso de cor amarela. A metade inferior da bandeira é de cor negra e nela aparece representada por cinco estrelas brancas de cinco puntas a constelación da Cruz do Sur. Na bandeira de Nova Zelandia tamén aparece representada esta constelación por catro estrelas de cor vermella e na de Australia, por cinco.
O vermello e o negro son dúas cores moi usados por moitas tribos de Papúa e Nova Guinea. A maior parte das especies que se coñecen como aves do paraíso habitan nestas illas. Esta ave tamén figura no emblema nacional.