Saltar ao contido

Bandeira de Guam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Guam
Bandeira de Guam
Características
Uso
Proporción1:2
Adopción9 de febreiro de 1948
Cores     Azul      Vermello

A bandeira do territorio de Guam, pertencente aos Estados Unidos, foi adoptada o 9 de febreiro de 1948.[1] A bandeira territorial é de cor azul escuro cun estreito bordo vermello por todos os lados (o bordo foi un engadido posterior). O bordo vermello representa o sangue derramado na segunda guerra mundial e durante a soberanía española no territorio. No centro da bandeira está o escudo de armas; un emblema en forma de améndoa, que representa unha proa navegando na baía de Hagåtña preto de Hagåtña, e GUAM coloreado con letras vermellas.[2][3] A forma do emblema lembra as pedras de tiracoios usadas polos antigos chamorros. O terreo do fondo representa o cantil Two Lovers Point de Guam.[4]

  1. ↑ "Guam Flag, Nylon (U.S. Territory)". Flag and Banner. Consultado o 12 de febreiro de 2022.
  2. ↑ Grabowski, John F. (1992). U.S. Territories and Possessions (State Report Series). Chelsea House Pub, páxina 39. ISBN 9780791010532.
  3. ↑ Kristen, Katherine (1999). Pacific Islands (Portrait of America). San Val, páxina 46. ISBN 9780613032421.
  4. ↑ "Seal of Guam, Flag and anthem of Guam U.S.A.". Government of Guam. Arquivado dende o orixinal o 2007-11-07. Consultado o 2007-10-21.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]