Bandeira da Illa de Nadal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira da Illa de Nadal
Bandeira da Illa de Nadal
Características
Uso
Proporción1:2
Adopción14 de abril de 1986 (extraoficialmente)
26 de xaneiro de 2002 (oficialmente)
Cores     Azul      Branco      Ouro      Verde

A bandeira da Illa de Nadal é o símbolo oficial do territorio australiano da Illa de Nadal. Foi adoptado de xeito extraoficial en 1986 tras ser elixido vencedora nun concurso para unha bandeira para o territorio. Foi deseñada por Tony Couch de Sydney, Australia. A bandeira foi oficializada en 2002 no Día de Australia, cando o administrador do territorio, Bill Taylor, presentou a bandeira á Comarca da Illa de Nadal.

Deseño[editar | editar a fonte]

A bandeira da Illa de Nadal consiste nun fondo verde e azul, dividido dende a esquina superior esquerda ata a parte inferior dereita. Estas cores pretenden representar a terra e o mar respectivamente. A constelación da Cruz do Sur aparece na parte inferior esquerda da bandeira do mesmo xeito que na bandeira de Australia. Na parte superior dereita, aparece o paxaro Phaethon lepturus fulvus[1] unha das seis subespecies de Phaethon lepturus.[2] Esta ave está considerada como un símbolo da illa. O último motivo que aparece no centro da bandeira nun disco dourado é o mapa da illa en verde. O disco dourado incluíuse orixinalmente para compensar a cor verde do mapa, mais quedou vinculado á industria mineira.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "The Flag of the Territory of Christmas Island". Shire of Christmas Island. 21 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 2 de marzo de 2015. Consultado o 9 de decembro de 2014. 
  2. "Birds of Christmas Island". Christmas Island Tourism Association. Arquivado dende o orixinal o 6 de marzo de 2016. Consultado o 9 de decembro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]