Saltar ao contido

Bandeira de Nova Caledonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Nova Caledonia
Bandeira de Nova Caledonia
Características
Uso
Proporción1:2
Adopción17 de xullo de 2010
Cores     Azul     Vermello     Verde     Amarelo     Negro
Bandeira de Nova Caledonia
Bandeira de Nova Caledonia
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción24 de setembro de 1853
Cores     Azul

     Branco

     Vermello

A bandeira de Nova Caledonia son oficialmente dúas: a bandeira de Francia e a bandeira local adoptada oficialmente no 2010.

Nova Caledonia, territorio francés dende 1853, utilizou oficialmente a Tricolore nas súas institucións. Porén, a comezos da década de 1980, propúxose unha bandeira local durante a celebración do primeiro congreso da Front de libération nationale kanak et socialiste (FLNKS). Esta bandeira, composta por tres franxas horizontais en azul, vermello e verde xunto a un símbolo tradicional, foi utilizada polos militantes pro-independentistas por máis de vinte anos.

No 2008, o goberno de Nova Caledonia iniciou o debate respecto á adopción dunha bandeira e un himno rexional, segundo o estipulado no Acordo de Numéa. A bandeira kanaka foi adoptada masivamente polo congreso local como bandeira rexional xunto coa bandeira francesa, coa que compartirá oficialidade por dous anos. O 17 de xullo de 2010 adoptouse oficialmente a bandeira kanaka nunha cerimonia en Noumea, á que asistiu o primeiro ministro francés François Fillon.[1][2]

Malia a súa aprobación maioritaria por parte do congreso local, a adopción da bandeira foi controvertida.[1] Algúns neocaledonianos manifestaron os seus desexos dun novo deseño para a bandeira, que incopore elementos tanto franceses como kanakas, como forma de representar a coexistencia de ámbolos dous grupos étnicos.[1]

Bandeira local (Kanaka)

[editar | editar a fonte]

Esta bandeira componse de tres franxas horizontais do mesmo tamaño, de cor azul a superior, vermella a central e verde a inferior. Na súa parte central figura un círculo de cor amarela no que aparece representado un tellado dunha vivenda tradicional.

  • A cor azul representa o ceo de Nova Caledonia e o océano Pacífico.
  • A cor vermella simboliza o sangue derramado na loita pola independencia, a adopción do socialismo e a unidade do pobo kanaka.
  • A cor verde simboliza a terra.
  • O círculo amarelo simboliza o Sol.

Deseños alternativos

[editar | editar a fonte]

Bandeiras provinciais

[editar | editar a fonte]

Nova Caledonia está dividida en tres provincias, cada unha coa súa bandeira propia.

  1. 1,0 1,1 1,2 Malkin, Bonnie (20 de xullo de 2010). "New Caledonia adopts second flag in compromise over French rule" (en inglés). The Daily Telegraph. Consultado o 19/02/2011. 
  2. Jeudy, Bruno (17 de xullo de 2010). "Fillon hisse les drapeaux français et kanak à Nouméa" (en francés). Consultado o 19/02/2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]