Valdepeñas
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | España | |||
| Comunidade autónoma | Castela-A Mancha | |||
| Provincia | provincia de Cidade Real | |||
| Capital | Valdepeñas | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 30.782 (2025) | |||
| Xeografía | ||||
| Parte de | ||||
| Superficie | 487,65 km² | |||
| Altitude | 705 m | |||
| Comparte fronteira con | ||||
| Organización política | ||||
| • Alcalde | Jesús Martín (2003–) | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 13300 | |||
| Fuso horario | ||||
| Código INE | 13087 | |||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
| Sitio web | valdepenas.es | |||
Valdepeñas é unha cidade de España, situada na provincia de Cidade Real, dentro da Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha. Comprende ademais do núcleo urbano, o barrio de Consolación a 11 km de distancia na A-4 dirección a Madrid, que se fundou na década de 1940 como núcleo de colonización de terras de labranza e as casas dos Baños del Peral a 7 km pola estrada de La Solana.
É cabeza do partido xudicial que agrupa ás localidades de Moral de Calatrava, Santa Cruz de Mudela, Viso del Marqués, Torrenueva, Castellar de Santiago e Almuradiel.
Etimoloxicamente o seu nome significa Val de penas, por estar situada nun amplo meandro do río Jabalón rodeado de cerros (somonte de Serra Morena que marcan o límite sur da chaira manchega xusto nesta localidade) e por abundar no seu subsolo a rocha calcaria.
