Almirante Fontán, Baíña, Baiona
Coordenadas: 42°06′49″N 8°50′35″O / 42.113588746849, -8.8430420732946
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
Almirante Fontán | |
---|---|
Parroquia | Baíña |
Concello | Baiona |
Poboación | 253 hab. (2015) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Almirante Fontán é un lugar da parroquia de Baíña, no concello pontevedrés de Baiona, na comarca de Vigo. Segundo o IGE,[1] en 2015 tiña 253 habitantes (121 homes e 132 mulleres).
Historia[editar | editar a fonte]
É un barrio de vivendas de protección oficial construídas polo Instituto Social da Mariña a comezos da década de 1970 para acoller familias mariñeiras, debido á proximidade ó núcleo de Baiona e ó mar. É un caso semellante ó barrio da Anunciada.
Antes da construción do barrio, o terreo era coñecido como Monte de Santo Estevo, debido á capela na honra deste santo preto do Burgo. Ademais dáballe nome á praia agora chamada de Santa Marta (capela que se atopa tamén preto desta).
O lugar debe o seu nome a Jesús Fontán Lobe, mariño que participou na difusión do Opus Dei en Galicia, responsable da Casa Militar de Francisco Franco e xefe dos servizos secretos españois durante a segunda guerra mundial. Porén, o barrio é coñecido con máis frecuencia como O Chaparral.[2]
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Baíña[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Baíña no concello de Baiona (Pontevedra) | |
---|---|
Almirante Fontán | O Burgo | O Cruceiro | Os Eidos | As Fontes | A Igrexa | As Laxes | O Río | San Cosme | Santa Marta |
Parroquias de Baiona[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 29 de abril de 2021.
- ↑ O Chaparral verá renovados sus servicios de saneamiento y abastecimiento con un coste superior a los 180.000 euros