Capela de Santa Marta de Baíña
Coordenadas: 42°6′53.49″N 8°50′11.03″O / 42.1148583, -8.8363972
A ermida da Asunción da Virxe e de Santa Marta é unha capela do barrio costeiro do Burgo, na parroquia de Santa Mariña de Baíña, no concello pontevedrés de Baiona.[1]
Arquitectura[editar | editar a fonte]
Conserva vestixios do románico de transición. Pódese datar de finais do século XII[Cómpre referencia] e comezos do XIII.[1]
É de planta rectangular cunha soa nave. A cuberta é a dúas augas. A fachada occidental ten unha porta de medio punto formada por 12 doelas, probablemente do século XVI. A espadana é sinxela e pequena, cun só oco. A porta sur e os canzorriños conservan o estilo románico. A sancristía foi engadida na reforma do XVIII.[1]
Ó longo do tempo sufriu moitas modificacións, debido a que foi saqueadas polos ingleses, entre eles o pirata Francis Drake en maio de 1585.[1]
Santa Marta[editar | editar a fonte]
Santa Marta é venerada nesta capela con gran devoción. O día 15 de agosto, celébrase unha romaría. Santa Marta dálle nome á península, ó castro e á praia.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Capela de Santa Marta de Baíña |