Capela de Santa Marta de Baíña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°6′53.49″N 8°50′11.03″O / 42.1148583, -8.8363972

A ermida de Santa Marta do Burgo.

A ermida da Asunción da Virxe e de Santa Marta é unha capela do barrio costeiro do Burgo, na parroquia de Santa Mariña de Baíña, no concello pontevedrés de Baiona.[1]

Arquitectura[editar | editar a fonte]

Conserva vestixios do románico de transición. Pódese datar de finais do século XII[Cómpre referencia] e comezos do XIII.[1]

Placa.

É de planta rectangular cunha soa nave. A cuberta é a dúas augas. A fachada occidental ten unha porta de medio punto formada por 12 doelas, probablemente do século XVI. A espadana é sinxela e pequena, cun só oco. A porta sur e os canzorriños conservan o estilo románico. A sancristía foi engadida na reforma do XVIII.[1]

Ó longo do tempo sufriu moitas modificacións, debido a que foi saqueadas polos ingleses, entre eles o pirata Francis Drake en maio de 1585.[1]

Santa Marta[editar | editar a fonte]

Santa Marta é venerada nesta capela con gran devoción. O día 15 de agosto, celébrase unha romaría. Santa Marta dálle nome á península, ó castro e á praia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Delegación diocesana de Patrimonio (2008). Arciprestado de Miñor. Vigairía de Pastoral Tui-Vigo. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]