Soledad Penalta
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Soledad Penalta | |
---|---|
Nacemento | 23 de abril de 1943 |
Noia | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (EASD) e Escola de Cerâmica de La Bisbal |
Ocupación | escultora e ceramista |
Premios | bolsa de estudos |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Soledad Penalta Lorenzo, nada en Noia o 23 de abril de 1943, é unha artista e escultora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a súa carreira artística en 1972 traballando coa cerámica, e desenvolveu o seu traballo en diferentes seminarios e talleres, con mestres como Isaac Díaz Pardo. Non foi até a década de 1990 cando principiou a traballar con fundicións en bronce, ferro e aceiro,[1] salientando as esculturas de gran formato para exterior, algunhas das cales están expostas publicamente, como no paseo marítimo da Coruña, no parque escultórico da Torre de Hércules ou o busto a María Mariño en Noia.
No ano 2018[2] é nomeada académica numeraria da Real Academia Galega de Belas Artes na sección de escultura.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Rozas, Mercedes (3 de abril de 2015). "Soledad Penalta, esculturas en movimiento". La Voz de Galicia. Consultado o 27 de marzo de 2018.
- ↑ De Santos, Ágatha (26 de maio de 2018). "Menchu Lamas y Soledad Peralta, nuevas académicas de la Gallega de Bellas Artes". Faro de Vigo. Consultado o 27 de maio de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soledad Penalta ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Soledad Penalta na Colección Afundación.
- Páxina oficial (en castelán)
- Ficha da artista en Mulleres Expertas.info
- Bibliografía en PintoresGallegos.com (en castelán).