BRICS
| BRICS | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||

Os BRICS son unha asociación de países e grupo económico, político e social formado por Brasil, Rusia, a India, a China e Suráfrica,[1] aos que se lle incorporan, a partir do 1 de xaneiro de 2024, Arxentina, Arabia Saudita, Emiratos Árabes Unidos, Irán, Exipto e Etiopía.[2] Até a incoporación da República Surafricana en 2011, o grupo era coñecido como BRIC.
Todas estas nacións teñen en común unha gran poboación: a China e a India superan os 1 100 millóns e o Brasil e Rusia os 150 millóns; un enorme territorio, case 38,5 millóns de quilómetros cadrados, o que lles proporciona dimensións estratéxicas continentais e unha xigantesca cantidade de recursos naturais e enormes cifras que adoitan presentar de crecemento do seu PIB e de participación no comercio mundial nos últimos anos, o que os fai atractivos como destino de investimentos. México e Corea do Sur son os únicos países comparables aos BRICS, mais as súas economías excluíronse debido a que xa son membros da OCDE. Tódolos países BRICS forman parte do G20.
Reunións da cúpula dos BRICS
[editar | editar a fonte]
| Cúpula | Participantes | Data | País anfitrión | Líder anfitrión | Localización |
|---|---|---|---|---|---|
| 1ª | BRIC | 16 de xuño de 2009 | Dmitrii Medvedev | Ekaterimburgo | |
| 2ª | BRIC | 15 de abril de 2010 | Luiz Inácio Lula da Silva | Brasilia | |
| 3ª | BRICS | 14 de abril de 2011 | Hu Jintao | Sanya | |
| 4ª | BRICS | 29 de marzo de 2012 | Manmohan Singh | Nova Deli | |
| 5ª | BRICS | 26 de marzo de 2013 | Jacob Zuma | Durban | |
| 6ª | BRICS | 15 de xullo de 2014 | Dilma Rousseff | Fortaleza | |
| 7ª | BRICS | 9 de xullo de 2015 | Vladimir Putin | Ufa | |
| 8ª | BRICS | 16 de outubro de 2016 | Narendra Modi | Goa | |
| 9ª | BRICS | 5 de setembro de 2017 | Xi Jinping | Xiamen | |
| 10ª | BRICS | 26 de xullo de 2018 | Cyril Ramaphosa | Xohanesburgo | |
| 11ª | BRICS | 13 e 14 de novembro de 2019 | Jair Bolsonaro | Brasilia | |
| 12ª | BRICS | 17 de novembro de 2020 | Vladimir Putin | San Petersburgo (virtual) | |
| 13ª | BRICS | 9 de setembro de 2021 | Narendra Modi | Nova Deli (virtual) | |
| 14ª | BRICS | 23 e 24 de xuño de 2022 | Xi Jinping | Pequín (virtual) | |
| 15ª | BRICS | 22 e 24 de agosto de 2023 | Cyril Ramaphosa | Xohanesburgo | |
| 16ª | BRICS | 22 e 24 de outubro de 2024 | Vladimir Putin | Kasan |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Suráfrica, nuevo miembro del BRIC". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2014. Consultado o 28 de agosto de 2013.
- ↑ "Brics confirma entrada de Argentina, Arábia Saudita, Emirados, Irã, Egito e Etiópia". Folha de São Paulo (en portugués). 24 de agosto de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: BRICS |