Xi Jinping

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
习近平
Xi Jinping

National Emblem of the People's Republic of China.svg
Presidente da China
Actualmente no cargo
Dende o 14 de marzo de 2013
Vicepresidente Li Yuanchao
Precedido por Hu Jintao

Danghui R.svg
Secretario Xeral do Partido Comunista da China
Actualmente no cargo
Dende o 15 de novembro de 2012
Precedido por Hu Jintao

Datos persoais
Nacemento 15 de xuño de 1953 (65 anos)
Pequín, Flag of the People's Republic of China.svg China
Cónxuxe/s Ke Lingling (1979-1982)
Peng Liyuan (dende 1987)
Alma máter Universidade de Tsinghua
Sinatura Sinatura de Xi Jinping

Xí Jìnpíng, en chinés simplificado: 习近平; en chinés tradicional: 習近平 , nado en Pequín o 15 de xuño de 1953, é un político da República Popular da China e secretario xeral do Partido Comunista da China. Xi é actualmente o principal membro do Secretariado do Partido Comunista Chinés, o presidente da China, o director da Escola Central do Partido, e o máis importante membro do Comité Permanente do Politburo, que é o órgano de control de feito do país.[1]

Fillo do político comunista Xi Zhongxun, Xi Jinping comezou súa carreira política, na provincia de Fujian, e foi posteriormente escollido como xefe do partido na provincia veciña de Zhejiang, e despois promovido a xefe do partido de Shanghai tras a dimisión de Chen Liangyu. Coñecido polas súas posturas liberais, o duro combate á corrupción e unha franqueza e abertura en canto a reformas políticas e económicas,[2] Xi Jinping é o destacado líder emerxente da quinta xeración de líderes da República Popular da China.

Asumiu o cargo de Presidente da China o 14 de marzo de 2013, na principal sesión lexislativa do Congreso Nacional Popular.

En 2017, foi escollido por The Economist o home máis poderoso do mundo.[3][4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xi Jinping naceu o 1 de xuño de 1953, en Pequín, e a súa familia ten raíces ancestrais en Fuping, Weinan, provincia de Shanxi. É o fillo máis novo de Xi Zhongxun, un dos fundadores da guerrilla comunista en Shanxi e ex-viceprimeiro ministro do país. Á época do nacemento de Xi Jinping, o seu pai era o xefe do departamento de propaganda do Partido Comunista, e máis tarde vicepresidente do Congreso Nacional do Pobo. Cando Xi tiña 10 anos de idade, durante a Revolución Cultural, o seu pai foi expurgado e foi enviado para traballar nunha fábrica en Luoyang, sendo prendido en 1968. Sen a protección do seu pai, Xi Jinping foi traballar a Yanchuan, Shanxi, en 1969, durante a Campaña de Envío ao Campo de Mao Tse Tung. Xi Jinping converteuse en secretario do equipo de produción da rama local do Partido. Cando saíu, en 1975, el tiña só 22 anos. Preguntado respecto a esa experiencia pola televisión estatal chinesa, Xi lembrouna dicindo que "foi emocionante. Foi comovedor. E cando os ideais da Revolución Cultural non puideron ser realizados, esta transformouse nunha ilusión".[5] De 1975 a 1979, Xi estudou enxeñaría química na Universidade de Tsinghua.

Formación e personalidade[editar | editar a fonte]

Xi ten doutoramentos en enxeñaría química e ciencia política.

Xi foi descrito nun 2011 nun artigo do Washington Post por aqueles que o coñecen como "pragmático, serio, cauteloso, traballador e discreto". Xi tamén foi descrito como unha boa man na solución de problemas e "aparentemente desinteresado nas trampas do alto cargo". Tamén é coñecido por adorar filmes de Hollywood, como Saving Private Ryan e Infiltrados, eloxiando tamén o cineasta independente Jia Zhangke.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Xi casou coa famosa cantante folk chinesa Peng Liyuan (彭丽媛) en 1987. Peng Liyuan, un nome familiar na China, era moito máis coñecida para o público do Xi ata o seu ascenso político. A parella frecuentemente vivía separada debido en gran parte ás súas distinguidas vidas profesionais. Teñen unha filla chamada Xi Mingze (习 明泽), que estudou na Universidade Harvard no outono de 2010 cun pseudónimo.[6]

É coñecido por ser fanático por fútbol. Incentivou a práctica do mesmo no país, convertendo o deporte en obrigatorio nas escolas chinesas, alén de construír miles de campos de fútbol espallados polo país.[7] Tamén deu valor ao Campionato Chinés de Fútbol.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]