Avieno
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 305 Bolsena |
| Morte | c. 375 |
| Procónsul | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | poeta, escritor |
| Período | Baixo Imperio Romano |
| Período de actividade | (Con vida en: século IV |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Fillos | Festo |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Realʹnyj slovarʹ klassičeskih drevnostej po Lûbkeru |
Rufo Festo Avieno (en latín: Postumius Rufius Festus Avienus) foi un escritor, poeta, astrónomo e xeógrafo latino da segunda metade do século IV.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Volsinii (Bolsena), Etruria,[1] procedía da familia dos Rufii Festi, fillo de Musonio (identificado como descendente de Musonio Rufo, filósofo estoico do século I), e foi procónsul[1] dúas veces da África Proconsular en 366 e 367 e probablemente tamén de Acaia. Segundo inscricións conservadas nos Museos Vaticanos casou cunha muller chamada Plácida e tivo varios fillos, un dos cales chamábase Plácido. Algúns historiadores quixeron atribuírlle a paternidade do historiador Rufo Festo, pero é discutida.
En relación á Península Ibérica recolle as fontes máis antigas que se conservan, e que datarían do século VI a.C. Avieno describiu os oestrimnios e saefes, pobos da Gallaecia.
Obras
[editar | editar a fonte]- Adaptación do poema astronómico Phaenomena do grego Arato de Solos.[2][3]
- Descriptio Orbis Terrae, en 1.394 versos hexámetros,[3] cun resumo dos puntos máis relevantes da xeografía física e política do mundo coñecido, tradución en verso da Periégesis de Dionisio. Avieno, ademais, incorporou datos xeográficos de Estrabón.[2]
- Ora maritima, do que se conserva un fragmento do primeiro capítulo[2] de 703 trímetros iámbicos que describe as costas dende a Bretaña ata Marsella.[3]
- Aratea Phaenomena e Aratea Prognostica, tradución en versos hexámetros distribuídos en 1.325 e 552 liñas, que é a mesma relación das obras de Arato de Solos, con descricións, lendas, supersticións e feitos.
- Tres pezas curtas dirixidas a un amigo chamado Flavianus Myrmecius.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Garzón Díaz, Julián (1986). En torno a Rufo Festo Avieno, Memorias de historia antigua (en castelán). ISSN 0210-2943.
- 1 2 3 Paniagua Aguilar, David (2006). El panorama literario tecnico-cientifico en Roma (en castelán). Universidad de Salamanca. ISBN 8478004629.
- 1 2 3 Suárez Piñeiro, Ana María. "Galicia, ¿En la Ora maritima de R.F.Avieno?". estudiosgallegos.revistas.csic.es. Consultado o 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Avieno, Rufo Festo (2001). Fenómenos. Descripción del orbe terrestre. Costas marinas. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-2314-3.