Ora maritima
Ora maritima (en galego: A costa do mar) é un poema escrito no século IV por Rufo Festo Avieno dedicado ao seu amigo o cónsul Sexto Petronio Probo. Consiste nun periplo poetizado que relata a viaxe pola costa dende a Punta de Raz, Bretaña ata Massalia (Marsella), collendo préstamos do Periplo massaliota[1][2] do século VI a.C. no que hipoteticamente se relataría o mesmo traxecto.
Só se conserva un fragmento do primeiro capítulo (dos que puideron ser dous) composto de 703 trímetros iámbicos. Consérvase a editio princeps publicada en Venecia en 1488.[3]
Historia e relevancia
[editar | editar a fonte]Veracidade
[editar | editar a fonte]Esta obra é moi relevante por ofrecernos información sobre a Península Ibérica de hai un milenio, época na que hai falta de fontes. De tódalas maneiras este poema deu lugar a un relato anacrónico e mitificado das rexións costeiras descritas.
Ora maritima foi unha obra feita para o lector máis que para o viaxeiro, onde a actualidade do século IV introdúcese na mención de cidades na época xa abandonadas.[4] Os estudosos máis recentes emendaron a credulidade do seu editor, o historiador-arqueólogo Adolf Schulten, na precisión de Avieno.[5]
Un dos editores do manuscrito, André Berthelot, demostrou que as medidas terrestres de Avieno derivaban dos itinerarios romanos pero que invertía algunhas secuencias. Tamén comentou que Avieno busca documentos arcaicos e fai mestura coas súas impresións como poeta do século IV.
Fontes de Avieno
[editar | editar a fonte]O mesmo Avieno afirma, ao comezo da súa narración, que utilizou textos de Hecateo de Mileto, Helánico de Mitilene, Filemón de Atenas, Escílaxe de Carianda, Pausímaco de Samos, Damastes de Sixeo, Bacoris de Rodas, Euctemón de Atenas, Cleón de Sicilia, Heródoto de Turios e o ateniense Tucídides.
Outro texto principal antigo citado por Avieno é o Periplo de Himilcón, a descrición dunha expedición púnica polas costas de Europa occidental que tivo lugar ao mesmo tempo da circunnavegación de África relatada no Periplo de Hannón (c. 500 a.C.).[6]
Rexións mencionadas
[editar | editar a fonte]Na Galiza Avieno menciona a Veneris (descoñécese a que se refire pero é probable que se sexa a estaca de Bares), insulas duas (dúas illas inidentificadas, Avieno resalta que son inhóspitas polo seu tamaño) e o Aryium (que probablemente sexa o cabo Silleiro, Baiona).
Á Península Ibérica chámalle Ofiusa, antigo nome grego que significa "terra das serpes", óphis "serpe" en grego.
Inclúe referencias ás illas de Ierne e Albion, (Irlanda e Gran Bretaña),[7] cuxos habitantes presuntamente comerciaban cos oestrimnios da Bretaña.[2]
Tamén menciona a presuntamente mítica cidade de Cypsela na costa catalana.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ó Corráin, Donnchadh (2000). Prehistoric and Early Christian Ireland, The Oxford Illustrated History of Ireland (en inglés). Oxford University Press. ISBN 0-19-289323-8.
- ↑ 2,0 2,1 Darvil, Timothy (2002). Rufus Festus Avienus, The Concise Oxford Dictionary of Archaeology. Oxford University Press.
- ↑ Murphy, J. P. (1977). Ora maritima: or, description of the seacoast from Brittany round to Massilia. Ares Publishers. ISBN 0-89005-175-5.
- ↑ Gonzalez Ponce, F.J. (1995). Avieno y el Periplo.
- ↑ Schulten, Adolf (1922). Avienus.
- ↑ Toer, H. F. (2008). A History of Ancient Geography. Read Books. ISBN 1-4437-2492-0.
- ↑ Freeman, Philip (2010). Ireland and the Classical World. University of Texas Press. ISBN 9780292781887.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ora maritima en latín
- Ora maritima editio princeps
- André Berthelot: Ora maritima. Paris, Champion, 1934