Austroglossus pectoralis
Austroglossus pectoralis Linguado austral do leste | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Austroglossus pectoralis Kaup, 1858 [1] | |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
Austroglossus pectoralis é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos, unha das dúas que integran o xénero Austroglossus,[1] coñecida en galego como linguado austral do leste.[2]
Taxonomía[editar | editar a fonte]
A especie foi descrita por primeira vez en 1858 polo naturalista alemán Johann Jakob Kaup, baixo o nome de Synaptura pectoralis, sendo posteriormenre reclasificada dentro do xénero Austroglossus, que creara Regan en 1920.
Características[editar | editar a fonte]
As principais características morfolóxicas desta especie son:[3]
- Corpo deprimido, ovalado, de até os 60 cm de lonxitude como máximo, aínda que os exemplares capturados miden 40 cm de media.
- Espiña dorsal formada por de 58 vértebras.
- Aleta dorsal con de 90 a 110 raios (brandos), e a anal con de 80 a 95 raios (igualmente brandos).
- Aleta pectoral dereita (lado pigmentado) máis curta que a lonxitude da cabeza; a aleta pectoral esquerda (lado cego), está presente.
- Coloración, no lado pigmentado, apardazada, cunha pequena mancha máis escura na base de cada escama.
Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]
É unha especie mariña, demersal, que vive a profundidades de entre os 10 e os 400 m , usualmente entre os 10 e os 120 m. Distribúese polas costas de África do sur, entre os 17 °S até os 35 °S, unicamente da antiga provincia do Cabo (actuais provincias do Cabo setentrional, occidental e oriental)..[3]
Bioloxía[editar | editar a fonte]
Habita en fondos de lodo. Aliméntasw de pequenos invertebrados bentónicos e peixes pequenos.[3]
Pesca[editar | editar a fonte]
O linguado austral do leste é un peixe comestíbel, pescándose activamente nas onas onde vive (Atlántico sudoriental).[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Austroglossus pectoralis (Kaup, 1858) no WoRMS.
- ↑ 2,0 2,1 Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 84.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Austroglossus pectoralis (Kaup, 1858) en FishBase.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Austroglossus pectoralis |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Fenner, Robert M. (2008): The Conscientious Marine Aquarist. Neptune City, New Jersey, USA: T.F.H. Publications.
- Moyle, P. & J. Cech (2000): Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4a. edición, Upper Saddle River, New Jersey, USA: Prentice-Hall.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.