Saltar ao contido

Austroglossus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Austroglossus é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos.[1]

Comprende dúas especies de linguados (en sentido amplo) propios das costas atlánticas de Suráfrica,[2] coñecidas en galego como linguados austrais.[3]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1920 polo ictiólogo británico Charles Tate Regan no seu traballo "Revision of the flat-fishes (Heterosomata) of Natal". Annals of the Durban Museum 2 (5): 205-222.[1]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome Austroglossus' está formado polas formas do latín científico Austro-, derivado do latín clásico Auster, -tri, "vento do sur" e, por extensión, "o sur" (punto cardinal), e -glossus, forma masculina derivada do termo do grego antigo γλῶσσα glṓssa, "lingua", que forma parte do nome de moitos xéneros de peixes planos.

Na actualidade recoñécense no xénero as seguintes dúas especies:[1][2]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Austroglossus Regan, 1920 no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 Froese, Rainer, and Daniel Pauly, eds. (2012): Especies de Austroglossus en FishBase.
  3. 3,0 3,1 3,2 Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 84.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]