Australia Occidental
Western Australia (en) | |||||
Epónimo | Australia e oeste | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Australia | ||||
Capital | Perth | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.656.156 (2020) (1,05 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Língua gija (pt) Ngarinyin (en) Bunuba (en) Lingua walmajarri Martuthunira (en) Lingua warlpiri Badimaya (en) Nyulnyul (en) Lingua pintupi Ngarluma (en) Ngadjunmaya (en) Broome Pearling Lugger Pidgin (en) Lingua jiwarli Língua guniyandi (pt) Worora (en) Nyamal (en) noongar Dhalandji (en) Djabirr-Djabirr (en) Lingua pitjantjatjara Nhuwala (en) Yinggarda (en) Wunambal (en) Dialeto djugun (pt) Nyigina (en) Galaagu (en) Gajirrabeng (en) Yinjibarndi (en) Lingua miriwoong Jurruru (en) Garadjari (en) Panyjima (en) Lingua bardi Djawi (en) Wajarri (en) Lingua ngaanyatjarra Kurrama (en) Djaru (en) Ngarla (en) martu wangka (pt) Malgana (en) Mangarla (en) Yinhawangka (en) Wanman (en) Nhanda (en) Warrwa (en) Lingua yawuru Nimanburru (en) Miriwoong Sign Language (en) Crioulo australiano (pt) Nyangumarta (en) Gambera (en) Marriammu (en) Kukatja (en) Dhargari (en) Kwini (en) Pinigura (en) Miwa (en) Pintiini (en) Wariyangga (en) Wilawila (en) Pini (en) Kariyarra (en) Andajin (en) Wajuk (en) Yawijibaya (en) Pinjarup (en) Umiida (en) Unggumi (en) Unggaranggu (en) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.527.013 km² | ||||
Bañado por | Océano Índico, Océano Antártico, Gran Baía Australiana e Mar de Timor | ||||
Altitude | 536 m | ||||
Punto máis alto | Monte Meharry (pt) (1.251 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1901 | ||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
• Xefe de estado | Chris Dawson (pt) (2022–) | ||||
Órgano executivo | Government of Western Australia (en) | ||||
• Premier of Western Australia (en) | Roger Cook (en) (2023–) | ||||
Órgano lexislativo | Parliament of Western Australia (en) , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Supreme Court of Western Australia (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 08 | ||||
ISO 3166-2 | AU-WA | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Prefectura de Hyōgo (1981–) | ||||
Sitio web | wa.gov.au |
Australia Occidental[1][2][3] (Western Australia, en inglés) é o maior dos estados de Australia, chegando a cubrir o terzo occidental do país-continente. Limita con Australia Meridional e o Territorio do Norte. Ten unha extensión total de 2 525 500 km².
Na súa cidade capital, Perth, situada a beiras do río Swan, viven 1,5 millóns de persoas, é dicir as dúas terceiras partes dos habitantes do estado. Gran parte do estado é árido, alberga dous desertos: Gibson e Vitoria, pero tamén se destaca pola gran cantidade de parques nacionais.
Entre as principais atraccións do estado están:
- Parque Nacional de Namburg, ao norte de Perth, famoso polas súas formacións de pedra calcaria.
- Wave Rock, situado ao leste da capital, é unha curiosa formación rochosa con forma de onda.
- Ningaloo Reef o arrecife máis grande do estado, situado a beiras da cidade de Coral Bay, lugar moi apreciado polos mergulladores e santuario da quenlla balea.
- Parque Nacional Kalbarri, lugar de grandes cantís formados polos ríos.
- Parque Nacional de Purnululu, situado ao norte do estado onde se atopan uns curiosos outeiros en forma de cono, na zona coñecida como Bungle Bungle Range.
Australia Occidental é un estado mineiro, que achega o 25% do ingreso nacional. Extráese ouro, carbón, mineral de ferro e diamantes, entre outros.
Tamén existen áreas vitivinícolas, en Perth e Swan Valley, que prosperan grazas ao excelente clima e chan para este cultivo.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A capital do estado é a cidade de Perth na parte meridional da costa oeste. Outras cidades importantes son Bunbury, Kalgoorlie, Albany, Geraldton, Port Hedland e Broome, aínda que todas elas bastante menores que Perth. O territorio próximo á costa é relativamente tépedo e forestal, aínda que gran parte do estado é cálido e árido, moi pouco habitado.
Historia
[editar | editar a fonte]Os primeiros europeos en chegar ás costas de Australia Occidental foron os holandeses, quen, en busca dunha ruta ás indias das especias, viaxaron por baixo dos 40º de lonxitude sur, atopando as costas australianas, onde moitos deles encallaron os seus barcos a partir do século XVII. Moitos destes náufragos convertéronse logo en habitantes fixos destas terras.
Logo, nos primeiros anos do século XIX, tanto franceses como ingleses percorreron a zona, estableciéndo algúns pequenos asentamentos.
O establecemento na zona era fundamental para Inglaterra a fin de disputarlle os novos territorios a Francia. Foi así que en 1829 o capitán James Stirling á fronte dun pequeno continxente de cidadáns libres, estableceuse a uns 16 km da boca do río Swan (en inglés cisne, bautizado así pola gran cantidade de cisnes negros que hai na zona), ao pé do monte Eliza. Durante os primeiros anos o choque cos aborígenes do lugar foi constante.
Esta colonia, Perth, foi a primeira iniciada por cidadáns libres, ata que en 1849 comezaron a chegar os primeiros prisioneiros británicos desde outros lugares do continente, que se encargarían da construción, entre outras cousas, dos edificios públicos. Moitos deses edificios aínda están en funcionamento.
En 1890 descubriuse ouro en Coolgardie, a uns 500 km de Perth, o que provocou unha inmensa migración de xente en busca destas riquezas, facendo crecer notablemente a poboación estable. Posteriormente cando a guerra arrasaba Europa, houbo unha nova onda inmigratoria.
Goberno e política
[editar | editar a fonte]Australia Occidental obtivo a autonomía en 1889 cunha Cámara do Parlamento bicameral, con sede en Perth e composta por unha Asemblea Lexislativa (cámara baixa) e un Consello Lexislativo (cámara alta). O sufraxio é universal e obrigatorio para todos os cidadáns australianos maiores de 18 anos de idade residentes en Australia Occidental.
Coa federación das colonias australianas en 1901, Australia Occidental pasou a ser un estado da federación. Isto supuxo a cesión de certos poderes ao goberno da Mancomunidade, de acordo coa Constitución. A pesar de que todos os poderes que non sexan expresamente cedidos á Mancomunidade permanecen no estado, co tempo a Mancomunidade foi estendendo os seus poderes grazas ao control que exerce sobre os impostos e o financiamento.
O poder executivo é exercido polo Primeiro Ministro do estado e os seus ministros. Desde 2006, o Primeiro Ministro é Alan Carpenter, do Partido Laborista.
Notas e referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524.
Australia Occidental (Australia)
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 115. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 120. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014.