Bunbury é unha cidade portuaria australiana localizada no estado de Australia Occidental. Sitúase aproximadamente a 175km ao sur de Perth, capital do estado. A súa poboación segundo datos de 2011 é de 68248 habitantes, sendo a terceira do estado, por detrás de Perth e Mandurah.
Bunbury foi o lugar de nacemento do primeiro Premier de Australia Occidental e explorador John Forrest.