Saltar ao contido

Lingua bardi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua bardi
 Instancia de
 Subclase de
 Estado de lingua da UNESCO
en perigo severo
Clasificación lingüística
Localización
 Orixinario de
 País
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02hxl98 Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3bcj Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5bcj Editar o valor en Wikidata
IETFbcj Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O bardi é unha lingua aborixe de Australia falada por entre 152[1] e 160 persoas[2] na península de Dampier, en Australia Occidental. Pertence á familia lingüística de linguas nyulnyulan. Trátase dunha lingua en perigo de extinción xa que as novas xeracións do pobo bardi teñen o inglés como lingua materna, polo que moitos a entenden pero non a falan. Os falantes son principalmente adultos de idade avanzada.[3] O bardi está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[4]

Dialectos

[editar | editar a fonte]

Existen varios dialectos de lingua bardi mais non hai consenso sobre o seu número. Segundo Robert Malcolm Ward Dixon (2002), os seguintes dialectos son mutuamente intelixíbeis co bardi:

Porén, Ethnologue (2006) considéraos a todos linguas diferenciadas, agás o ngumbarl. Esta postura está apoiada polos lingüistas que traballaron nesas linguas, incluíndo a Claire Bowern e a William McGregor. Os falantes de bardi tamén as consideran como linguas distintas.

  1. ↑ AUSTLANG (ed.). "Bardi". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2016. Consultado o 23 de abril de 2016.
  2. ↑ Ethnologue (ed.). "Bardi. Population". Consultado o 23 de abril de 2016.
  3. ↑ Ethnologue (ed.). "Bardi. Language Use". Consultado o 23 de abril de 2016.
  4. ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]