Lingua warlpiri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Warlpiri
Outros nomes:Elpira, Ilpara, Ngaliya, Ngardilpa, Wailbri, Walbiri, Walmama e Walpiri
Falado en: Australia Australia
Rexións: Flag of the Northern Territory.svg Territorio do Norte
Total de falantes: 2 507 (2006)[1]
Familia: Linguas pama-nyunganas
 Linguas ngumpin–yapa
  Linguas ngarrkic
   Warlpiri
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: wbp
Warlpiri map.png

O warlpiri é unha lingua aborixe de Australia falada no Territorio do Norte por arredor de 2 500 persoas. Pertence á familia lingüística de linguas pama-nyunganas e é unha das linguas indíxenas australianas máis importante por número de falantes.

Localización[editar | editar a fonte]

Os seus falantes atópanse principalmente en varios asentamentos e cidades do Territorio do Norte como Ali Curung Willowra, Alice Springs, Darwin, Katherine, Lajamanu e Yuendumu, aínda que tamén se poden encontrar en zonas de Australia Occidental en contacto coa lingua kukatja[2].

Fonoloxía[editar | editar a fonte]

Nas seguintes táboas do sistema fonolóxico da lingua warlpiri, os símbolos en letra grosa amosan o alfabeto práctico usado pola comunidade warlpiri. Os valores do Alfabeto Fonético Internacional están entre corchetes ([ - ]).

Vogais[editar | editar a fonte]

Anterior Central Posterior
Pechada i [i], ii [iː] u [u], uu [uː]
Aberta a [a], aa [aː]

A lingua warlpiri ten un sistema estándar de tres vogais similar ao do árabe clásico. Distingue entre vogais longas e curtas o que fai un total de seis sons vocálicos.

Consoantes[editar | editar a fonte]

Periferal Laminar Apical
Bilabial Velar Palatal Alveolar Retroflexa
Oclusiva p [p] k [k] j [c] t [t] rt [ʈ ]
Nasal m [m] ng [ŋ] ny [ɲ] n [n] rn [ɳ ]
Vibrante múltiple rr [r]
Vibrante simple rd [ɽ]
Lateral ly [ʎ] l [l] rl [ɭ ]
Aproximante w [w] y [j] r [ɻ ]

Dialectos[editar | editar a fonte]

Existen varios dialectos de lingua warlpiri mais non hai consenso sobre o seu número. Laughren e Hale (1996) identifican sete dialectos principais[3]:

  • Warrmarla (tamén coñecido como warlpiri occidental)
  • Ngardilypa (warlpiri noroccidental)
  • Wawulya (warlpiri suroccidental)
  • Warnayaka (warlpiri central-setentrional)
  • Ngaliya (warlpiri meridional)
  • Yarlpiri (warlpiri do río Lander ou simplemente warlpiri)
  • Wakirti Warlpiri (warlpiri do río Hansen)

Lingua de sinais warlpiri[editar | editar a fonte]

A lingua de sinais warlpiri é unha lingua de sinais que complementa ou substitúe a lingua warlpiri en determinadas situacións de comunicación. Ten a súa orixe nos tabús da linguaxe propios do pobo warlpiri. Trátase dun sistema de comunicación tan completo como a propia lingua oral e é unha das máis complexas e elaboradas de entre as linguas de sinais aborixes de Australia, así como a máis documentada e estudada.

Recoñecemento institucional[editar | editar a fonte]

En decembro de 2015, a deputada liberal Bess Nungarrayi Price, tentou empregar a lingua warlpiri no Parlamento do Territorio do Norte, mais foi chamada á orde. En febreiro de 2016 demandou o recoñecemento oficial das linguas aborixes nesta institución[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. AUSTLANG (ed.). "Warlpiri". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2016. Consultado o 4 de abril de 2016. 
  2. ethnologue.com (ed.). "Warlpiri". Consultado o 4 de abril de 2016. 
  3. Laughren, Hoogenraad e Hale, Granites (1996). IAD Press, ed. A Learner's Guide to Warlpiri: Tape course for beginners. Alice Springs. 
  4. "O veto a unha deputada aborixe reabre o debate sobre a prohibición das linguas orixinarias en Australia". Sermos Galiza. 1 de abril de 2016. Consultado o 4 de abril de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]