Saltar ao contido

Aulostomidae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aulostomidae
 Nome taxon
    Aulostomidae
Constantine Samuel Rafinesque 1815 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseActinopteri
OrdeGasterosteiformes
FamiliaAulostomidae Editar o valor en Wikidata
Rafinesque, 1815 Aulostomidae Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/027khy_ Editar o valor en Wikidata
ITIS166409 Editar o valor en Wikidata
OTT231973 Editar o valor en Wikidata
CoL6XD Editar o valor en Wikidata
EOL5068 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
A. maculatus.
A. chinensis.

Aulostomus é o único xénero de peixes mariños da familia Aulostomidae, incluídos na orde Syngnathiformes. Distribúense por augas tropicais do Atlántico, Índico e Pacífico.[1]

O seu nome procede do grego: aulos (frauta) + stoma (boca),[2] pola forma tan alongada da súa boca. Aparecen por primeira vez no rexistro fósil no Eoceno inferior, durante o Paleóxeno (era Cenozoica).[3]

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

Teñen un corpo comprimido e moi alongado, cunha lonxitude máxima rexistrada de 100 cm,[4] pel con escamas; a mandíbula inferior con barbas carnosas na punta; ben desenvolvida a liña lateral; a musculatura do corpo está soportada por postes óseos que parecen entrelazados, cunhas 60 vértebras.[1]

Teñen unha serie de 8 a 12 espiñas dorsais illadas precedendo a aleta dorsal contendo de 23 a 28 raios brandos; aleta anal con 25 a 28 raios brandos; as aletas pelvianas están situadas lonxe do ano; a aleta caudal é redondeada.[1]

Hábitat e modo de vida

[editar | editar a fonte]

Normalmente atópase sobre arrecifes xunto a grandes peixes herbívoros ou en orientación vertical coa cabeza boca-abaixo, axexando así camuflados entre algas para capturar pequenos peixes e crustáceos.[1]

Existen só 3 especies nesta familia e xénero:[5]

  1. 1 2 3 4 Nelson, J.S. (1984). John Wiley & Sons, Inc., ed. Fishes of the world (en inglés) (2ª edición ed.). New York. pp. 523 p.
  2. Romero, P. (2002). unpublished, ed. An etymological dictionary of taxonomy. Madrid.
  3. Berg, L.S. (1958). VEB Verlag der Wissenschaften, ed. System der rezenten und fossilen Fischartigen und Fische (en alemán). Berlín.
  4. http://www.fishbase.org/references/FBRefSummary.php?ID=26340
  5. Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Aulostomidae (TSN 166409)" (en inglés).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]