Augusta, Maine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAugusta, Maine
Imaxe

Nomeado en referencia aAugusta de Saxe-Gota (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 44°18′38″N 69°46′46″O / 44.3106, -69.7794Coordenadas: 44°18′38″N 69°46′46″O / 44.3106, -69.7794
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoMaine
County of Maine (en) TraducirCondado de Kennebec (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Condado de Kennebec (pt) Traducir
Maine (1832–) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación18.899 (2020) Editar o valor em Wikidata (125,73 hab./km²)
Número de fogares9.267 (2020) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie150,312912 km² Editar o valor em Wikidata
Auga5,0007 % (1 de abril de 2010) Editar o valor em Wikidata
Bañado porRio Kennebec (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude20 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Manchester (en) Traducir, Oeste
Windsor (en) Traducir, leste
Chelsea (en) Traducir, sur
Vassalboro (en) Traducir, norte
Sidney (en) Traducir, norte
Hallowell (en) Traducir, Suroeste Editar o valor em Wikidata
Creación1628 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal04330, 04332–04333, 04336 e 04338 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico207 Editar o valor em Wikidata

Sitio webaugustamaine.gov Editar o valor em Wikidata

Augusta é a capital do estado de Maine e a sede de condado do Condado de Kennebec nos Estados Unidos. Ten unha poboación de 18.560 habitantes segundo estimacións de 2006.

Historia[editar | editar a fonte]

A área foi explorada por primeira vez por membros da colonia Popham en setembro de 1607. En 1629 membros da colonia Plymouth fundaron un establecemento comercial a beiras do río Kennebec. O poboado foi coñecido polo seu nome indíxena, Cushnoc (ou Coussinoc ou Koussinoc), que significa "cabeza de corrente". O comercio de coiro foi rendible durante un tempo, pero coas rebelións indíxenas e escasos ingresos, a colonia Plymouth vendeu os seus territorios de Kennebec en 1661. Cushnoc permaneceu abandonado durante os 75 anos que durou a Guerra Franco-Indíxena.

Un niño de hostilidade abnaki cara ás colonias británicas foi localizado preto de Kennebec en Norridgewock. En 1722, a tribo e os seus aliados atacaron o forte Richmond (hoxe en día Richmond) e destruíron Brunswick. Como resposta, Norridgewock foi saqueada en 1724 durante a Guerra de Dummer, cando as forzas inglesas obtiveron o control sobre Kennebec. En 1754, un fortín chamado forte Western (hoxe en día o forte de madeira máis antigo dos Estados Unidos), foi construído en Cushnoc. O seu propósito era servir como depósito para o forte Halifax, ademais de protexer a rexión. En 1775, Benedict Arnold e os seus 1.100 soldados utilizaron o forte Western como lugar de preparación antes de dirixirse a Kennebec á Batalla do Quebec.

Cushnoc foi incorporado como parte de Hallowell en 1771. Coñecido como "o forte", foi incorporado pola Corte Xeral de Massachusetts en febreiro de 1797 co nome de Harrington. Con todo, en agosto o nome foi cambiado a Augusta en honra a Augusta Dearborn, filla de Henry Dearborn. En 1799, converteuse na sede de condado do recentemente creado Kennebec. Maine converteuse en estado en 1820, e Augusta foi asignada como o seu capital en 1827. Con todo, a Asemblea Lexislativa de Maine continuou reuníndose en Portland ata que en 1832 foi completada a Casa de Goberno de Maine, a partir dos deseños de Charles Bulfinch. Augusta foi incorporada como cidade en 1849.

En 1837 foi construída unha represa no río Kennebec, e 10 serradoiros en 1838. Tras a construción do ferrocarril de Kennebec e Portland en 1851, Augusta converteuse nunha cidade fábrica. En 1883, a propiedade de A. e W. Spague Company foi comprada pola Compañía Manufacturera Edwards, que creou varias fábricas co fin de producir teas de algodón. Outras empresas de Augusta produciron madeira, fiestras, portas, contraventas, mangos de vasoira, zapatos, monumentos de cemiterio, xeo e mobles. A cidade desenvolveuse como un centro editorial e marítimo. Hoxe en día, o goberno e a educación superior son os seus sectores económicos máis importantes.

Oficina de correos, 1915
Water Street en 1920
Río Kennebec en 1909

Xeografía[editar | editar a fonte]

Augusta é a capital de estado máis oriental nos Estados Unidos. Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos, a cidade posúe unha área total de 150,9 km². 143,4 km² corresponden a terra e 7,5 km² (4,98% do total) é auga. Augusta está situada xunto ao río Kennebec.

Demografía[editar | editar a fonte]

Segundo o censo de 2000, na cidade había 24.260 habitantes, 8.565 fogares e 4.607 familias. A densidade de poboación foi de 129,4 hab./km². Había 9.480 vivendas nunha densidade media de 66,1/km². A conformación racial da cidade foi de 95,21 % brancos, 0,5 % afroamericanos, 0,35 % asiáticos, 0,01 % insulares do Pacífico, 0,16 % doutras razas e 3% de dúas ou máis.

Había 8.565 fogares, dos cales o 24,3 % tiña nenos menores de 18 anos, o 39,1 % eran parellas casadas vivindo xuntos, o 10,9% eran sustentados por unha muller, e o 46,2 % non eran familias. O 38,3 % do total eran habitados por unha soa persoa e o 14,2 % tiña a unha persoa maior de 65 anos vivindo soa. A tamaña media dun fogar era de 2,10 membros e o dunha familia 2,77.

O 20,5 % da poboación era menor de 18 anos, o 8,7 % tiña entre 18 e 24, o 28,3 % entre 25 e 44, o 24,8 % entre 45 e 64, e o 17,7 % era maior de 65 anos. A idade media era 40 anos. Por cada 100 mulleres había 89,9 homes. Por cada 100 mulleres maiores de 18 anos había 87.5 homes.

O ingreso media por fogar era de 25.921 $ e 42.230 $ por familia. Os homes tiñan un ingreso media de 31.209 $ en comparación cos 22.548 $ das mulleres. O ingreso per cápita da cidade foi de 14.145 $. Cerca do 14,4% das familias e o 19 % da poboación estaban baixo a liña de pobreza, incluíndo o 26,2 % dos menores de 18 anos e o 11,8 % dos maiores de 65.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]