Augas da Coruña
Emalcsa | |
---|---|
ETAP A Telva, río Mero. | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1903[1] |
Localización | Rúa Manuel Murguía s/n Edificio Casa da Auga 15011 A Coruña |
Fundador | Concello da Coruña |
Persoas clave | Alcalde da Coruña |
Industria | Augas |
Produtos | Distribución de auga e servizos |
Beneficio | 22,01 millóns de euros (2014)[2] |
Beneficio neto | 2 millóns de euros |
Número de empregados | 138 (en 2013) |
Na rede | |
https://www.emalcsa.es/index.php/gl/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Empresa municipal Augas da Coruña, S.A. (oficialmente en castelán Empresa Municipal Aguas de La Coruña, S.A. - EMALCSA) é unha empresa pública que abastece de auga potable ó concello da Coruña, e a súa área metropolitana. Inscrita no Rexistro Mercantil desta mesma cidade o 7 de xullo de 1978, absorbeu á antiga abastecedora Aguas de La Coruña S.A. fundada en 1908. A empresa ten un patrimonio valorado en 2013 en 58,3 millóns de euros[3].
A auga que fornece EMALCSA provén do encoro de Cecebre e potabilízase no lugar da Telva (Cambre). O ciclo da auga remata na EDAR de Bens. En 2013 a compañía vendeu o 31 % da EDAR de Bens, da que posuía o 100 % do capital, aos concellos de Oleiros (8 %), Culleredo (8 %), Arteixo (8 %) e Cambre (7 %).
A empresa é propiedade do Concello da Coruña ao 100%, factura máis de 20 millóns de euros ao ano cun beneficio de máis de 2 millóns de euros. Emalcsa foi accionista de R Cable e financia Smart City. Os maiores clientes particulares da empresa son Hijos de Rivera e Begano que consomen case a metade da auga.
A empresa ten depósitos de auga nos barrios de Eirís, Monte Alto, Penamoa, O Ventorrillo e Almeiras (Culleredo).
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Traída de augas de Cañás, Carral.
-
Depósito de auga de EMALCSA en Almeiras, Culleredo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ EMALCSA: EL AGUA DE A CORUÑA
- ↑ "Ante os suculentos beneficios de Emalcsa, o BNG propón a rebaixa do prezo da auga". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2015. Consultado o 23 de xullo de 2015.
- ↑ "La compañía de agua, de propiedad pública, y la de autobuses, concesionada, mejoran sus ventas y sus resultados economiadigital.es". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2015. Consultado o 23 de xullo de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web de Emalcsa Arquivado 21 de xuño de 2012 en Wayback Machine.
- Visualización histórica de las líneas de abastecimiento.