Xosé Ballesteros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xosé Ballesteros Rei, nado en Vigo en 1956, é un escritor e editor galego. Dende maio de 2016 é o presidente da AGE[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É un dos fundadores e director da editorial Kalandraka. Imparte obradoiros de escrita creativa para docentes, escolares e afeccionados á literatura.

Obra[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • A Historia, 1996, Xerais.
  • A néboa escura, 1996, Xerais.
  • O coelliño branco, 1998, Kalandraka. Adaptación sobre un conto popular portugués.
  • Os sete cabritos, 1998, Kalandraka. Adaptación sobre o conto dos irmáns Grimm.
  • Os tres porquiños, 1998, Kalandraka. Adaptación sobre o conto popular inglés.
  • O gato con botas, 1999, Kalandraka. Adaptación sobre o conto de Charles Perrault.
  • Tío Lobo, 2000, Kalandraka. Adaptación sobre o conto popular.
  • O traxe novo do rei, 2000, Kalandraka. Adaptación sobre o conto de Hans Christian Andersen.
  • Poucapalla, 2001, Kalandraka. Adaptación sobre un conto popular.
  • O frautista de Hamelín, 2002, Kalandraka. Adaptación sobre o conto popular.
  • Os tres osos, 1998, Kalandraka. Adaptación de Xosé Ballesteros a partir do texto de Southey.
  • Imaxina animais, 2008, Kalandraka.
  • As pescadoras, 2017, Kalandraka.

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Talego, 1993, Xerais.
  • Viaxe á morada dos deuses, 1999.

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Un, dous, tres, que ves?, 2005, Faktoría K.
  • Catarina, o Oso e Pedro, de Christiane Pieper, 2007, Kalandraka. Con Marc Taeger.
  • A coelliña Marcela, 2011, Kalandraka.
  • Almanaque musical, 2012, Kalandraka.
  • O baile diminuto, de María José Ferrada, 2012, Kalandraka.
  • Un cadro de Van Gogh, de Claire d'Harcourt, 2013, Faktoría K.
  • Manual do bo paseante, de Raimon Juventeny, 2014, Faktoría K.
  • Tanto Como, de Eugénio Roda, 2014, Faktoría K.
  • A avoa adormecida, de Roberto Parmeggiani, 2014, Kalandraka.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xosé Ballesteros, novo presidente da AGE, entrevista en Sermos Galiza o 21 de maio de 2016.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]