Arnoglossus rueppelii
Arnoglossus rueppelii Rapapelos estreito | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Arnoglossus rueppelii (Cocco, 1844) [1] |
Arnoglossus rueppelii é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos bótidos,[1] coñecida en galego como rapapelos estreito.[2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita por primeira vez en 1844 polo médico e ictiólogo italiano Anastasio Cocco, baixo o nome de Peloria rueppelii.[1]
Características
[editar | editar a fonte]As principais características morfolóxicas desta especie son:[3][4]
- Corpo ovalado, esvelto, deprimido e moi delgado, de até os 15 cm de lonxitude como máximo.
- Ollos situados no lado esquerdo da cabeza, moi xuntos, e separados por unha crista ósea moi aparente. O ollo inferior está un pouco atrasado con respecto ao superior.
Hábitat, distribución e bioloxía
[editar | editar a fonte]É unha especie mariña, demersal, que vive a profundidades de entre os 85 e os 550 m (máximo, 897 m), sobre fondos areosos e fangosos*.[3][4]
Distribúese polas costas do Atlántico oriental entre os 46° N e os 23° N, e entre os 20° W e os 35° E, desde o estreito de Xibraltar até o cabo Bojador (Sáhara Occidental) e as illas Canarias, cara ao leste, e o Mediterráneo, até o mar Negro, cara ao leste.[3][4][5]
Aliméntase de pequenos peixes e invertebrados bentónicos.[3][4][5]
A desova prodúcese durante o outono, no Mediterráneo.[3][5]
Pesca
[editar | editar a fonte]O rapapelos estreito é un peixe comestíbel, pescándose nas zonas onde vive.[2]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualificou o status desta especie na actualidade (2015), como LC (pouco preocupante), debido a que está amplamente distribuída e non é moi interesante para a pesca comercial, aínda que se captura incidentalmente nalgunhas pescarías doutras especies. Ao igual que outros membros do seu xénero, é probábel que sexa relativamente común.[5]
Ameazas
[editar | editar a fonte]Arnoglossus rueppelii captúrase nas actividades pesqueiras que operan no mar de Alborán, no Mediterráneo occidental (Abad et al. 2007).[6] Neste estudo comprobouse que constituía unha porción relativamente pequena das capturas. A pescaincidental desta especie é pouco probábel que sexa unha grande ameaza para a súa supervivencia. Debido a que habita en augas profundas é pouco probábel que sexa afectada pola contaminación e o desenvolvemento costeiro.[5]
Parasitos
[editar | editar a fonte]Esta especie é atacada, entre outros, por parasitos das seguintes familias:[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Arnoglossus rueppelii (Cocco, 1844) no WoRMS.
- ↑ 2,0 2,1 Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 79.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Froese, R. & D. Pauly, editors (2015): Arnoglossus rueppelii (Cocco, 1844) en FishBase.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Arnoglossus rueppelii Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Encyclopedia of Life.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Arnoglossus rueppelii na Lista vermella de especies ameazadas da UICN.
- ↑ Abad E.; I. Preciado, A. Serrano & J. Baró (2007): "Demersal and epibenthic assemblages of trawlable grounds in the northern Alboran Sea (western Mediterranean)". Scientia Marina 71 (3): 513-524.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aldebert, Y.; M. Desoutter & J.-C. Quéro (1990): "Bothidae". En J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, París; e UNESCO, París. Vol. 2. pp. 1027-1036.
- Fenner, Robert M. (2001): The Conscientious Marine Aquarist. Neptune City, New Jersey, USA: T.F.H. Publications.
- Moyle, P. & J. Cech (2000): Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4ª edición, Upper Saddle River, New Jersey, USA: Prentice-Hall.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Arnoglossus rueppelii (Cocco, 1844) en FishBase (en inglés).
- Arnoglossus rueppelii en Encyclopedia of Life(en inglés).
- Arnoglossus rueppelii na Lista vermella de especies ameazadas da UICN (en inglés)