Saltar ao contido

Miguel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miguel
 Nome orixinal
   Miguel (mul)   Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Epónimo
Características
 Alfabeto
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 152898
Wikidata C:Commons
O arcanxo Miguel.

Miguel[1][2] é un nome propio masculino galego. Esta forma escrita tamén é común co portugués, co castelán e co aragonés. A súa orixe é o hebreo מיכאל (mi-ka-el), que significa ‘Quen coma Deus?’, formado por mi ‘quen’, ka ‘como’ e o elemento divino El ‘Deus’, (referíndose a Elohim, proveniente á súa vez do deus ugarítico El). O nome úsase tanto na relixión hebraica, coma na cristiá (católica, anglicana e ortodoxa) e no islam.

En xaneiro de 2023 existían 12.381 varóns en Galicia co nome Miguel, cunha media de idade de 38,7 anos.[3]

Uso do nome

[editar | editar a fonte]

É o nome do arcanxo Miguel, polo que adoita aparecer na forma Miguel Anxo. Este arcanxo é para os hebreos o primeiro dos anxos, sendo o arcanxo por excelencia por mor da súa vitoria fronte aos anxos rebeldes.

O apelido patronímico en Galiza deu a forma Míguez ou Migues (en Castela deu porén Miguélez).

O nome Miguel é e foi popular en Galicia, multitude de parroquias teñen a Miguel Arcanxo como patrón (véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de San Miguel).

En Galicia, aparece nos rexistros do século XV coas formas: Miguel, Migeel ou Miguell.

Míguez ou Migues é o apelido patronímico galego do nome Miguel. En castelán deu Miguélez. Practicamente só aparece en Galicia e provincias onde os galegos emigraron. En setembro de 2015, 11.894 galegos tiñan este apelido[4].

Variantes noutras linguas

[editar | editar a fonte]
  1. Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
  2. Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Miguel". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes>.
  3. Nome Miguel na Web do Instituto Galego de Estatística
  4. Instituto Nacional de Estadística, apelido Míguez
  5. EDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. (en castelán)
  6. Segundo unha estimación do ano 2000 era o décimo sexto nome masculino italiano máis común LIOn, (Laboratorio Internazione di Onomastica) - Clasificación Onomásticas: nombres masculinos en Italia en el siglo XX (en italiano).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]