Arcadio Mon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaArcadio Mon

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalArcadio Mon García
Biografía
Nacemento5 de febreiro de 1949 Editar o valor em Wikidata
Bacoi, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de abril de 2016 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Foz, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico , compositor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoTrombón, voz, guitarra, trompeta e contrabaixo elétrico (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Arcadio Mon García, nado en Bacoi o 5 de febreiro de 1949 e finado en Foz o 26 de abril de 2016, foi un músico e compositor galego.

Considerado unha “institución” na música na Mariña lucense[1], despois da súa traxectoria por varias orquestras galegas, sería fundador e director da Banda de Música de Foz e da Escola de Música de Foz que actualmente leva o seu nome[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con só sete anos comezou a recibir clases de música e solfexo co seu tío e posteriormente co mestre “Roquito”; iniciándose, circunstancialmente, na trompeta.[3] Durante a súa mocidade pasou por numerosas orquestras da zona como a Teima, a Orquesta Maseda, o grupo Los Valles, considerado o primeiro grupo profesional da comarca na época e Los Mejoranos, ata que se trasladou á Coruña para formar parte da orquestra Los Españoles, cos que gravou un LP no ano 1978.

Nesta etapa na Coruña cursou estudos no Conservatorio Superior onde obtivo o título de trombón e tamén cursou estudos de canto. Foi alumno de Rogelio Groba, Santos Bartolomé, José Ferrer e Raúl Galán. Asistiu en Madrid a clases con Enrique Ferrando, trombón solista da Orquesta Nacional e a cursos de música instrumental; e de dirección de banda en Lalín, impartido por Henrie Adams. Tamén asistiu ás clases maxistrais do profesor da Universidade de Indiana Keith Brown. Ademais, formou parte da Orquesta Jazz da Coruña, dirixida por Rogelio Groba.[4]

No ano 1992 trasladouse a Foz onde fundou a Escola de Música municipal que actualmente leva o seu nome e da cal foi director e docente. Foi tamén fundador e director da Banda de Música de Foz, así como da Big Band que xurdiu anos máis tarde.[5] Para continuar coa súa faceta de compositor formou o grupo “Arcadio con Nueva Ola” co que editou dous LPs, na súa maioría en lingua galega, incluíndo un par de cancións con textos do poeta Noriega Varela.

No ano 2012 editou un LP no que incluíu entre as súas composicións unha canción adicada ao poeta chairego Manuel María (“Lembrando a Manuel”) e do cal tamén puxo música a dous poemas. Tamén gravou para o disco un dueto co ex-vocalista de Los Satélites Sito Sedes no tangoSen seu amor” que dá título ao disco.[6]

Nos últimos anos cooperou e participou en numerosas iniciativas culturais da comarca como o “Recital poético-musical en homenaxe a Manuel Maria”, ou “Mondoñedo é poesía[7] e foi fundador do festival de música galega "A Nosa Fala" de Foz.[8] En marzo do 2016 participou na homenaxe ao seu amigo Manuel Araujo, músico e creador teatral mindoniense, no que foi o seu derradeiro concerto.[9]

Discografía[editar | editar a fonte]

Coma compositor e intérprete[editar | editar a fonte]

Como arranxador e intérprete[editar | editar a fonte]

Coma compositor[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Último y emotivo adiós a Arcadio Mon, una «institución» en la música". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-04-28. Consultado o 2018-10-02. 
  2. "Foz inicia el ciclo de homenajes al músico Arcadio Mon". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-07-09. Consultado o 2018-10-02. 
  3. "«Es una satisfacción muy grande trabajar en lo que siempre me ha gustado»". La Voz de Galicia (en castelán). 2009-08-09. Consultado o 2018-10-03. 
  4. crónica3.com. "» Opinión» Con el chegou a música…Cronica3.com A Mariña - costa de Lugo - información da Mariña lucense". www.cronica3.com. Consultado o 2018-10-03. 
  5. crónica3.com. "»Crónica» O Concello de Foz organiza unha homenaxe a Arcadio Mon do 8 ao 12 de xullo. Celebraranse dous concertos e un festivalCronica3.com A Mariña - costa de Lugo - información da Mariña lucense". www.cronica3.com. Consultado o 2018-10-03. 
  6. crónica3.com. "»Crónica» Arcadio Mon recibiu da Deputación un disco gravado pola Fundación TIC con traballos do músico focenseCronica3.com A Mariña - costa de Lugo - información da Mariña lucense". www.cronica3.com. Consultado o 2018-10-03. 
  7. "Nova: Literatura, música y audiovisual dialogan en Mondoñedo é poesía | Cultura de Galicia". www.cultura.gal (en castelán). Consultado o 2018-10-03. 
  8. "Foz acolle a quinta edición do festival de música galega 'Coa Nosa Fala' - Xornal de Lugo". Xornal de Lugo. 2017-07-10. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 2018-10-03. 
  9. Lugo, El Progreso de. "El alcalde de Foz propone que la escuela de música lleve el nombe del finado Arcadio Mon". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2018-10-03.