Veigue, Sada
Veigue | |
---|---|
Praia de San Pedro. | |
Concello | Sada[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°22′31″N 8°17′52″O / 43.3754, -8.2979 |
Poboación | 458 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 15[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Comba de Veigue é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Sada. Segundo o IGE en 2013 tiña 421 habitantes (216 homes e 205 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999, cando tiña 328 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Praias
[editar | editar a fonte]- A praia de Cirro, próxima ao porto de Lorbé, Oleiros, é unha praia semiurbana cun grao de ocupación alto. As súas augas son tranquilas e ten 280 m de longo e 57 m de largura media, coa area fina e branca. Non ten paseo marítimo, pero ten acceso para discapacitados[2].
- A praia de San Pedro, moi próxima á anterior, é de características moi similares (260 m de longo por 50 m de largo). Non ten acceso para discapacitados e ten un cámping a poucos metros da area[3]
Cultura
[editar | editar a fonte]Topónimo
[editar | editar a fonte]Veigue é un topónimo latino, inda que con orixe prerromana, que se refire á unha chaira cultivada e fértil. A súa aparición deuse entre os séculos X e XIII.[4][5]
Patrimonio perdido
[editar | editar a fonte]No Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela consérvanse testemuños documentais da existencia de dúas capelas, xa desaparecidas, na parroquia de Veigue, sen que haxa constancia da súa localización exacta[6].
- Ermida de San Pedro: no libro de visitas da parroquia, en 1637-1640, faise referencia á confraría desta ermida, que carecía de rendas. Foi primeiro dos veciños, pero nos libros de visitas pastorais de 1770-1777 faise mención a un patrón, Vicente Villar de Francos, veciño da parroquia de San Martiño de Dorneda. El era o encargado de levar os ornamentos para a celebración da misa, que só se facía no mesmo día de San Pedro. Nesa altura deuse orde de non a celebrar máis alí mentres non se arranxase a ermida, cuxo estado era semirruinoso, sen máis adorno que a imaxe do santo nunha caixa e coa porta sen pechadura.
- Capela do Viático: aparece mencionada, nunha visita de 1792, como o lugar onde se levaba o viático aos enfermos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "www.mma.es". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 29 de setembro de 2010.
- ↑ "www.mma.es". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 29 de setembro de 2010.
- ↑ Piel, J.M (1947). Nomes de lugar referentes ao relevo e ao aspecto geral do solo. Revista portuguesa de filologia. Vol. I, tomo I (Coimbra). pp. 153–197.
- ↑ Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051.
- ↑ Veiga Ferreira, Xosé María; Sobrino Ceballos, Juan (2014). "Ermidas e capelas desaparecidas na comarca das Mariñas" (PDF). Anuario Brigantino (37): páx. 303. ISSN 1130-7625. Consultado o 5 de febreiro de 2021.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Veigue
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Veigue no concello de Sada (A Coruña) | |
---|---|
A Besta | O Chan da Agra | Chan da Aldea | Cirro | Creba o Carro | O Cruceiro | A Faramenga | A Fraga | Os Lagos | Lapa | A Ortiga | O Quintán | San Pedro | Soutilo | A Valexa |