Antonio Nouche Costa
Antonio Nouche Costa | |
---|---|
Alcume | Dourado Xaneiro e O soldado de Deixebre |
Nacemento | 1924 |
Deixebre, Oroso | |
Falecemento | 4 de marzo de 1948 |
Carres, Cesuras | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | resistente |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Antonio Nouche Costa, coñecido como Dourado Xaneiro e O soldado de Deixebre, nado en Deixebre (Oroso) en 1924 e finado en Carres (Concello de Cesuras) o 4 de marzo de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado en Bouzalonga, parroquia de Deixebre. Desertou do cuartel onde facía o servizo militar para unirse á guerrilla no verán de 1947. Como castigo algúns membros da súa familia foron encadeados e desterrados á provincia de Soria. Foi membro do Destacamento Manuel del Río Botana, da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Acompañou a Manuel Ponte Pedreira e outros no asalto á vivenda de Ramón Ferreiro Moar, en Aldrés, Senra, Oroso; participou con Juan Couto Sanjurjo na operación que desarmou ao somatén da Baña e con Claudio Díaz Milia, Pedro Rodríguez Gómez, José Remuiñán Barreiro, José Blanco Núñez e José Santiago Temprano, na sanción económica de 30.000 pesetas ao alcalde franquista de Cerceda. O 4 de marzo de 1948 un cabo e catro gardas civís do posto de Betanzos cercaron unha casa na parroquia de Carres, na que se atopaban Antonio Nouche e José Blanco Núñez, produciuse un enfrontamento, pero José Blanco logrou fuxir. A garda civil matou a Antonio Nouche xunto cos habitantes da casa María López Sánchez, Manuel Mosquera Moar, Manuela López Sánchez e Jacinto López Sánchez, enlaces da guerrilla.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Pazos Gómez, Manuel (2011). A guerra silenciada. Mortes violentas na comarca de Ordes 1936-1952.