María Vinyals

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María Vinyals
Marquesa de Ayerbe.jpg
Nacemento24 de agosto de 1875
 Castelo de Soutomaior
Falecementoanos 1940
 París
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora e sufraxista
CónxuxeJuan Jordán de Urríes e Enrique Lluria Despau
editar datos en Wikidata ]

María Vinyals y Ferrés, nada en Soutomaior o 14 de agosto de 1875 e finada en París na década de 1940, foi marquesa de Ayerbe e escritora española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no castelo de Soutomaior, provincia de Pontevedra, o 14 de agosto de 1875.[1] Recibiu bens dos seus tíos os marqueses de la Vega e Armijo.[2] Casou en 1896 con Juan Jordán de Urríes, marqués de Ayerbe.[1] Publicou en 1904 a súa obra El Castillo del Marqués de Mos en Sotomayor.[3] Vinyals, que tivo relación con Emilia Pardo Bazán, María Barbeito e Carmen de Burgos,[3] inscribiuse no Ateneo de Madrid en 1906.[4] Foi fundadora do Centro Ibero-Americano de Cultura Popular Feminina, institución co obxectivo de ensinar a mozas que non tiñan acceso a outro tipo de educación.[5] En 1909, tralo falecemento do marqués, casou co médico cubano Enrique Lluria.[6] Membro do Partido Socialista Obrero Español,[7] estivo afiliada na Agrupación Feminina Socialista de Madrid[8] e escribiu varios artigos en publicacións coma El Imparcial, El Fígaro ou Blanco y Negro.[9] Tratou nos seus escritos a cuestión da importancia da educación da muller coma ferramenta para a rexeneración social,[7] ademais de propugnar a complementariedade do home e a muller na xestión pública.[10]

En 1919 trasladouse a Cuba.[11] Faleceu en París durante a ocupación nazi da cidade na segunda guerra mundial.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Cernadas Martínez 2012, p. 42.
  2. Armesto 1969, p. 460.
  3. 3,0 3,1 Cernadas Martínez 2012, p. 43.
  4. Ezama Gil 2012.
  5. Quiles Faz 2013, p. 43.
  6. Bará, Milagros (15 de xuño de 2016). "La Marquesa Roja". Diario de Pontevedra. 
  7. 7,0 7,1 Fernández Vázquez 2003, p. 395.
  8. "Vinyals y Ferrés, María". Diccionario Biográfico del Socialismo Español. Fundación Pablo Iglesias. 
  9. Cernadas Martínez 2012, p. 45.
  10. Moral Vargas 2012, pp. 76-77.
  11. 11,0 11,1 Cernadas Martínez 2012, p. 46.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • "María Vinyals. Unha precursora da igualdade" [1]